luns, 16 de decembro de 2019

Cambio de menú comedor 20/12

O próximo venres día 20 houbo un cambio no menú do comedor quedando como sigue:

1º Prato Pizza de xamón e queixo
2º Prato Pastel de carne
Sobremesa Brownie de chocolate

luns, 9 de decembro de 2019

Acordos 1ª Asemblea Xeral Ordinaria 2019/2020

Achegamos a acta da 2ª asemblea ordinaria do curso 2018-2019 aprobada na asemblea do pasado 26-11-2019.

Acta


Asemade indicamos a continuación os acordos tomados na 1ª asemblea ordinaria deste curso 2019/2020:


venres, 22 de novembro de 2019

Charla "Cando a conducta é un problema"

Iniciamos as charlas preventivas, sobre temas que nos interesan como pais e nais de nenos en idade escolar, deste curso 2019-2020. Nesta ocasión tratarase o tema "Cando a conducta é un problema". 

martes, 19 de novembro de 2019

Campamento Nadal 2019


Está aberta a inscrición para o campamento de Nadal
Horario:
De 7:45 a 9:00 (madruga: 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 (actividades: 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 (xantar: 5,5 euros por día). Importante! Mínimo 8 solicitudes por día para poder prestar o servizo. De non chegar a este mínimo as familias poderán traer a comida de casa.
• Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago
A data límite para anotarse é o 5 de decembro.
Número máximo de nenos e nenas: 70. A reserva ordenarase pola data de pagamento. No caso de anulación sobre a reserva pasado o día 5 de decembro obrigará á totalidade do pago sobre o reservado aínda que o neno ou nena non asista ao campamento.
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00, no caso de que non se solicitara o servizo madruga. Non poderán acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de recollida, haberá que pagar unha penalización de 6 € que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.
No caso de non ingresalos, non poderá continuar asistindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade. No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.


Podese descargar o formulario no seguinte enlace

xoves, 14 de novembro de 2019

Resolución bolsas do Concello

Na páxina web do concello se publica a resolución definitiva da convocatoria de concesión de bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares. Curso 2019/20

martes, 24 de setembro de 2019

Calendario de actividades 2019-2020

Xa tedes no apartado de Actividades o calendario definitivo de actividades para esta curso 2019-2020.

venres, 13 de setembro de 2019

Formulario Madrugadores curso 2019/2020


Xa está dispoñible o impreso para anotarse a madrugadores para o curso 2019/2020. Por favor enviade o impreso cumplimentado a Coordinadoralamas@gmail.com ou entregadello a Coordinadora (Mamen) no cole.
Pódese descargar o impreso no seguinte enlace

martes, 30 de xullo de 2019

Material de Ludoteca

Estimadas familias.
Como sabedes, dende fai anos un dos servizos que ofrece a ANPA é a Ludoteca. Contamos con diverso material lúdico, xogos e libros, pero co paso do tempo algunhas cousas van deteriorándose polo que solicitamos a vosa colaboración para ir repoñendo o material dun modo económico é sostible, acorde co proxecto das 3R desenvolvido polo Centro durante o curso escolar.
Sabemos que en todos os fogares hai xoguetes que aínda estando en bo estado xa non se usan e vos propoñemos que os cedades á Ludoteca para facilitar a súa reutilización.
Nesta ocasión queremos centrarnos en xogos de mesa e de lóxica e bonecas. Tamén nos gustaría incorporar libros de leitura infantís, preferentemente de 3 a 6 anos.
Pregamos que cada familia que desexe participar aporte só unha cousa, confiando no voso criterio para escoller aqueles xoguetes que aínda usados, están en condicións para ser empregados por outros nenos e nenas.
A recollida de xoguetes se fará na semana do 16 ao 20 de setembro. Podedes entregarlle o material á Coordinadora da ANPA.

venres, 26 de xullo de 2019

Prazas actividades 2019-2020

Despois de asignar as prazas segundo as solicitudes recibidas inda quedan algunhas prazas libres nas seguintes actividades:

Audiovisuais
Baloncesto (4º-6º)
Danzas Urbanas
Divertidanza
Emociona-T (E.I.)
Nenoos
Rockbotic (Todos os grupos)
Speaking Lúdico (Todos os grupos)
Xadrez

Podedes facer a reserva nas mesmas enviando o formulario que podedes atopar no seguinte enlace a coordinadora de actividades Lucía, no enderezo coordinadoraactividadeslamas@gmail.com

martes, 23 de xullo de 2019

Comedor 2019-2020

Estimadas familias,

Informámosvos que este ano, coa apertura dun novo comedor (1), hai prazas para atender a totalidade da demanda recibida no prazo de inscrición, polo que non será preciso aplicar o baremo.

Recordámosvos que tedes ata o 3 de setembro, como data máxima, para modificar a reserva de comedor do mes de setembro, e ata o 18 de setembro, para modificar a reserva anual. Tede en conta, como en anos anteriores, que a reserva é anual polo que non será posible modificar a reserva máis alá desa data, salvo modificacións puntuais. Para calquera aclaración, estamos á vosa disposición.

Grazas pola vosa colaboración.



(1) O Novo comedor, dotado de 52 prazas, localízase nunha aula cedida polo centro. Nese comedor darase servizo a todos os cursos de educación infantil e atenderanse tamén os casos que poidan existir de intolerancias e alerxias alimenticias. Na actualidade estase á espera da autorización da xefatura territorial da Consellería de educación como único trámite pendente.

luns, 22 de xullo de 2019

Banco de libros

Estimadas familias:

Dende a Directiva da ANPA, queremos dar as grazas a todas as persoas que colaborastes co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS.

Grazas a esta colaboración podemos axudar a moitas familias a que o desembolso económico pola compra de libros de texto sexa menor.

Este ano o reparto foi complicado porque solicitáronse moitos libros dos que non temos existencias no Banco. En total faltan 60 libros dos cursos de 4º, 5º e 6º .
Se algunha familia conta con algún libro destes cursos e quere doalo ao Banco aínda está a tempo.

Por outra banda comunicar que despois de facer o reparto das solicitudes recibidas, aínda temos algúns libros de texto de 1º, 2º e 3º para prestar se alguén non comprou e necesita.

Recordarvos que a data de recollida de libros será os días 26, 29, 30 e 31 de xullo en horario de 9 a 14 horas, e o luns 29 e mércores 31 de 16 a 18 horas.

Podedes solicitar os libros seguindo as instrucións indicadas en http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/2019/06/banco-de-libros-anpa.html

Grazas a todos

A directiva da ANPA do Ceip Lamas de Abade

xoves, 4 de xullo de 2019

Calendario escolar 2019-2020

O pasado venres 28/06/2019 saíu publicado no Dog o calendario escolar para o próximo curso 2019-2020. Pódese ver a orde no seguinte enderezo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190628/AnuncioG0534-210619-0001_gl.html

A falta de que o centro decida cal é o día que escolle así queda o calendario:



Tamén o teredes dispoñible todo o curso na marxe esquerda da nosa páxina, coma ven sendo habitual.

venres, 21 de xuño de 2019

Acordos 2ª Asemblea Xeral Ordinaria 2018/2019

Achegamos a acta da 1ª asemblea ordinaria deste curso 2018-2019 aprobada na asemblea do pasado 13-06-2019.

Acta



Asemade indicamos a continuación os acordos tomados na 2ª asemblea ordinaria:


1. Posta en servizo dun catering nunha das aulas do cole (aula cedida polo centro) para un máximo de 40 nenos e nenas de educación infantil. Os cursos de infantil que comerán no cole, en vez de desprazarse a hostalería, dependerá das solicitudes que se reciban. 
Ademais de prestar un servizo que permita atender toda a demanda para o curso 2019/2020, a través deste servizo de catering, atenderanse ALERXIAS e INTOLERANCIAS que ata o momento non podían ser atendidas en hostalería, co problema que supoñía para as familias que en moitos casos tiñan que cambiar de centro. 
2. Priorizaranse na reserva de prazas de comedor as solicitudes por ano completo ou días concretos da semana fronte ás solicitudes de días soltos. A reserva de días soltos en vez de con carácter anual farase mensualmente, antes do día 20 do mes anterior, como se viña facendo antes de establecerse o baremo. 
Do detalle dos asuntos tratados darase conta a través da publicación da acta da reunión unha vez se aprobe na sesión ordinaria de comezo de curso. 

mércores, 19 de xuño de 2019

Banco de libros Anpa


Estimadas familias:
Un ano máis a ANPA pon en marcha a finais de curso un BANCO DE LIBROS, para poder usar no vindeiro curso 2019-2020.
Como sabedes esta iniciativa consiste en entregar  libros que sexan da vosa propiedade para que poidan ser empregados por outras rapazas e rapaces no seguinte curso. As familias que entreguen libros, terán dereito a recibir outros, sempre que os haxa. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto.

PARA O PRÓXIMO CURSO SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO CURSO ACTUAL.

·      Datas de recollida de libros:  Do 24 ao 28 de xuño; en horario de 9:00 a 14:00h.
                                                   Luns 24 e Mércores 26 de xuño; de 16:00 a 18:00h.
·      Preparación de lotes as primeiras semanas de xullo.

·      Datas de entrega de libros:            Do 26 ao 31 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00h.
                                               Luns 29 e Mércores 31 de xullo; de 16:00 a 18:00h.

Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración.
PARTICIPA
Descargar o formulario

martes, 11 de xuño de 2019

Inscrición Madrugadores Setembro

Xa esta aberto o prazo de inscrición para o servizo de madrugadores de setembro de 2019. O prazo de presentación será ata o próximo 21 de xuño.
Podedes descargar o formulario nos seguintes enlaces:


luns, 10 de xuño de 2019

Festival peche de actividades



Queremos comunicarvos que o XOVES 20 de xuño as 17:00 h. vaise celebrar o FESTIVAL DE PECHE DE ACTIVIDADES.
As/os participantes teñen que estar as 16:30 h. na entrada do pavillón, os que veñen da casa deben vir xa vestidos mentres que os de comedor deben traer a roupa nunha bolsa e todo indicado con nome. Habilitarase unha zona, fora do pavillón, para aqueles pais/nais que queiran cambiar eles aos nenos/as de comedor.
Recordamos cal será a vestimenta para o festival:
·               Patinaxe:
Infantil : Enaniños 
Primeiro e Segundo: Spiderman
Maiores: mallas e top/camiseta negro, chaleco cor-forrado negro, guantes rede, pulseiras con lazos, colar de plástico(colar tatuaxe), fundas negras.
·                Rítmica : Maillot, moño moi alto ben engominado (pinzas opcional) e punteiras cor carne.
·               Danzas Urbanas: Tenis brancos ou negros, pantalón vaqueiro claro e camiseta manga curta de un so cor e que quede moi grande.
·               Speaking lúdico infantil: Disfraz (ou vestido da cor) do animal que van representar.
·               Speaking lúdico Primaria: Vir elegantes
·               Divertidanza : pantalón beis, camiseta de cor negra e camisa branca.
·               Futbiño: Equipaxe ( para os nenos que non teñen repartirémola a semana anterior)
·               Baloncesto: Equipaxe (repartirámola a semana anterior)
·               Kárate : Kimono.

                 OS/AS NENOS/AS QUE PARTICIPAN EN ACTIVIDADES QUE NON ACTUARÁN NO FESTIVAL ( XADREZ, ROCKBOTIC, PINTURA, EMOCIONA-T E NENOOS)  ESTÁN CONVIDADOS Ó FESTIVAL E UNHA VEZ REMATADO RECOLLER A SÚA MEDALLA.
Programa do festival

mércores, 5 de xuño de 2019

INSCRICIÓN ACTIVIDADES CURSO 2019-2020

Estimadas familias,
Hoxe 5 de xuño ábrese o prazo para a reserva de prazas das actividades para o curso 2019-2020. Xuntamos o formulario que se debe cubrir para facer a reserva de praza. O prazo remata o próximo 21 de xuño.

Este ano temos varias novidades:

  •          A actividade de Emociona-T pasa a ser de 2h semanais os martes e xoves.
  •          Incorporamos unha actividade “Audiovisuais” para nenos de 2º a 6º de primaria. Os Martes de 16:30 a 18:30. Nesta actividade traballaran aprendendo a manexar a linguaxe audiovisual, realización dun pequeno  guión ,gravación e edición de vídeos, aprendendo como é o traballo tras as cámaras...
  •          Comezamos a ofrecer unha actividade os venres coa incorporación da actividade de Béisbol de 16:30 a 17:30. (A realización desta actividade esta condicionada a concesión do uso do pabillón nesa hora)
A continuación tedes o cadro provisional cos horarios previstos.





Nota:
O formulario pódese enviar electronicamente seguindo uns sinxelos pasos. Unha vez cuberto  pódese imprimir escollendo a opción de “Guardar como pdf”, “Microsoft Print to PDF” ou similar, e gardando no ordenador. Ese arquivo conterá o formulario cuberto e será o que se debe enviar a coordinadoraactividadeslamas@gmail.com

FORMULARIO

PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2019/2020

Estimadas familias,
Hoxe 5 de xuño ábrese o prazo para a reserva de prazas do servizo de comedor para o curso 2019-2020. Xuntamos o formulario que se debe cubrir para facer a reserva de praza. O prazo remata o próximo 21 de xuño.

Nota:
O formulario pódese enviar electronicamente seguindo uns sinxelos pasos. Unha vez cuberto pódese imprimir a segunda folla escollendo a opción de “Guardar como pdf”, “Microsoft Print to PDF” ou similar e gardando no ordenador. Ese arquivo conterá o formulario cuberto e será o que se debe enviar a coordinadoralamas@gmail.com.

luns, 3 de xuño de 2019

Xornada de portas abertas actividades

Entramos no mes de Xuño e con el o remate das actividades e iso indícanos que xa temos que pensar no próximo curso. Por iso este ano para axudarvos coa elección das actividades dos vosos/as ne-nos/as ofrecemos unhas xornadas nas que poderedes ver o que se fai en cada actividade e resolver as dúbidas que poidades ter. Faremos unha pequena visita a actividade que se estará a realizar.


XOVES, 6 DE XUÑO
➔ 16:45 Emocion-t


LUNS, 17 DE XUÑO
➔ 16:45 Speaking lúdico
➔ 17:00 Rítmica
➔ 17:15 Patinaxe
➔ 17:45 Danzas Urbanas
➔ 18:00 Xadréz


MARTES, 18 DE XUÑO
➔ 16:45 Divertidanza
➔ 17:00 Futbiño
➔ 17:15 Baloncesto
➔ 17:45 Nenoos, Potenciando o Talento
➔ 18:00 Kárate


MÉRCORES, 19 DE XUÑO
➔ 16:45 Rockbotic
➔ 17:15 Pintura

martes, 28 de maio de 2019

CONVOCATORIA 2ª ASEMBLEA ORDINARIA

ANPA - CLUB DEPORTIVO CEIP LAMAS DE ABADE
CONVOCATORIA 2ª ASEMBLEA ORDINARIA
Xoves 13 de xuño de 2019
16.00 pm (1ª convocatoria) 16.30 pm (2ª convocatoria)
O horario de apertura do centro é de 16:30 a 18:30, polo que se axusta a hora da 2ª convocatoria para poder aproveitar ao máximo o horario dispoñible.

ORDE DO DÍA: 
1. Aprobación da acta da sesión anterior.
2. Estado das obras no colexio.
3. Servizo comedor curso 2019/2020.
4. Actividades extraescolares curso 2019/2020.
5. Banco de libros 2019/2020.
6. Festival de peche de actividades.
7. Informe económico.
8. Rogos e preguntas.

Nota: De acordo co artigo 24 dos Estatutos que regulan esta asociación, as asembleas quedarán validamente constituídas en 1ª convocatoria cando estean presentes a maioría dos socios/as e en 2ª convocatoria, sexa cal sexa o número de socios/as presentes.


Ao obxecto de dar a maior difusión posible aos acordos adoptados na Asemblea enlazase a acta da reunión anterior para neste período podades facer as achegas que estimedes oportunas de cara á sua aprobación.

xoves, 23 de maio de 2019

Bolsas Concello de Santiago 2019/2020


Infórmase a todas as familias que hoxe sae publicado no BOP as bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado de centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públidos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do concello de Santiago para o vindeiro curso 2019-2020.

Todas as familias que desexen solicitar bolsa este ano, dispoñen, segundo a base 7 do prazo de 15 días hábiles para presentar a súa solicitude, tal e como se indica a continuación: "As solicitudes presentaranse no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e nos horarios sinalados na base 5.2". Deste xeito, o prazo para presentar as solicitudes rematará o vindeiro 14 de xuño de 2019.


Pódese descargar a información da convocatoria no seguinte enlace

luns, 20 de maio de 2019

Axuda libros de texto e material escolar

Esta maña saíu publicado do DOG a orde Onde se regula as axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2019/2020.
Podedes consultar a Orde no seguinte enlace
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0534-060519-0006_gl.html


martes, 7 de maio de 2019

Fotos diplomas

Como tódolos anos faremos as fotos para os diplomas das actividades, este ano realizaranse en varios días.

Luns 13 de Maio
Patinaxe: Parte de abaixo vaquera e parte de arriba branca.
Rítmica : Maillot, moño moi alto ben engominado (pinzas opcional) e punteiras cor carne.
Rockbotic (6ºInf- 1º): Calquera roupa.
Danzas Urbanas: Tenis brancos ou negros, pantalón vaquero claro e camiseta manga curta de un so cor e que quede moi grande.
Speaking lúdico: Calquera roupa
Pintura: Mandilón.
Xadrez: Calquera roupa
Martes 14 de Maio
Divertidanza : pantalón beis camiseta de cor negra e camisa branca
Futbiño: Equipaxe.
Baloncesto: Camiseta branca e pantalón curto negro.
Kárate : Kimono.
Potenciando o talento: Calquera roupa, ábaco e libro
Mércores 15 de Maio
Rockbotic (2º- 6º): Calquera roupa.
Xoves 16 de Maio
Emociona- t: Calquer roupa
                   E IMPORTANTE QUE ESE DÍA NON FALTEDES!!!

martes, 30 de abril de 2019

Presentación charla "Como falar de sexualidade aos fillos/as: prevendo o abuso"

Como solicitaron algún dos asistentes a última charla "Como falar de sexualidade aos fillos/as: prevendo o abuso" poñemos a vosa disposición a presentación usada na mesma. Podedes descargala no seguinte enlace.

venres, 26 de abril de 2019

Campamentos verán


A continuación iremos listando as diferentes ofertas de campamentos dos que teñamos información. Se tedes coñecemento dalgunha oferta podedes facérnola chegar para compartilo co resto de socios/as.


CampusSar Verán
https://www.facebook.com/167233289971955/posts/2593213557373904?sfs=cwwa

Fundación USC Deportiva
http://fundacionuscdeportiva.org/index.php?id=69&tx_ttnews[tt_news]=1825&cHash=03edfebb3419a0809c280970a3b402d9

Campamento de verán A Casa do Rock
http://acasadorock.com/gl/escola/campamentos/?gclid=CjwKCAjwtYXmBRAOEiwAYsyl3B3vqg3wzJniAIEuoE6Y4B7B_N84gkR5z4BAXWlfKZDU3V8YqRfUXRoCsbYQAvD_BwE

Gola, The toy Library
https://www.golathetoylibrary.com/campamento-de-verano-2019/

Campamentos de Verán ArcosTilos
http://asociacion.arcostilos.org/aberto-o-prazo-de-inscricion-nos-campamentos-de-veran/

Campamento IES Rosalía
Ver información

Campamentos Xunta de Galicia
https://sede.xunta.gal/de-interese/campamentos-veran

Campamentos SCR Activities
https://m.facebook.com/scractivities.santiago/photos/a.886576754842333/1239271522906186/?type=3&source=48

Centro Don bosco
http://www.cxdonbosco.org/index.php/xeral/veran/244-bosco-veran-2019

Chester College
https://www.chestercollege.org/es/campamentos-de-verano/campamento-de-ingles-infantil/

Campamento Ultramarte, la casa azul
https://www.facebook.com/events/1130413393827864/

Concello de Santiago "Centros Cívicos"
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=18517

Campamento Centro Hipoco Haras
https://www.facebook.com/127477287452799/posts/1089015424632309/?app=fbl

Concello de Santiago
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=18515&lg=gal

Campamento SD Compostela
http://www.sdcompostela.com/el-iv-campus-de-verano-del-compos-sera-en-as-cancelas-del-24-al-28-de-junio/?fbclid=IwAR2gDzXfK47E216kpxddTJ7fLTMC5zscEwHvKfQKFfYEWOfUe6yxq-2cTtk

Campus verán fútbol USC
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2019_05/noticia_0110.html

Campus deportivo Family Padel
https://www.facebook.com/442198202622733/photos/pb.442198202622733.-2207520000.1558767900./1230282560480956/?type=3&theater

Campamento ingles Saint James Institute
https://www.facebook.com/102284046508675/posts/2722508147819572

Campamento "Os Enredos de Xela"
https://www.facebook.com/155397525168873/posts/340887433286547/?app=fbl

Actividades Centro Sociocultural do Castiñeiriño "Agustín Bueno"
https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=2197162587040565&id=396406743782834&sfnsn=xmmo

Cidade da Cultura
https://www.facebook.com/151923908201373/posts/2399920783401663/


xoves, 25 de abril de 2019

Nota informativa sobre o campamento de verán


Dende a ANPA infórmase que, con motivo das obras de ampliación que están a realizarse, e tras avaliar coa dirección de obra, os traballos que se ían desenrolar durante o período estival, non é posible desenvolver o campamento de verán nos meses de xuño, xullo e setembro, como estaba previsto.
Neste período non é posible manter unhas medidas de seguridade apropiadas, nin dispor de espazos que permitan realizar os campamentos con normalidade e nun ambiente lúdico.
Sentimos as molestias que isto poida ocasionar ás familias. Durante as próximas semanas, e ata finais de curso, daremos difusión a través do blog, dos campamentos que ofrecen outras organizacións e administracións públicas por se foran de interese para as familias.


luns, 1 de abril de 2019

Charla Como falar de sexualidade aos fillos/as: prevendo o abuso

O próximo xoves 11/04/2019, temos a segunda das charlas programadas para este curso. "Como falar de sexualidade aos fillos/as:prevendo o abuso" será importida por Amalia Borrazas Iglesias, tedes a información no seguinte cartel.

venres, 15 de marzo de 2019

Festivo 19 de marzo


Ante as consultas recibidas con respecto o carácter non lectivo do próximo día 19 de marzo procedemos a facer a seguinte aclaración.
No momento de publicar o calendario escolar a principios de curso inda non estaba pechado o calendario laboral do ano 2019 e non estaban determinados todos os días festivos escollidos pola administración autonómica. Por iso o entregado a principio do curso polo cole ou o publicado no noso blog non recollía este día. Posteriormente foi determinado como día festivo de carácter autonómico o día 19 de marzo así que non será día lectivo.

xoves, 14 de marzo de 2019

Campamento de Semana Santa


Está aberta a inscrición para o campamento de Semana Santa

Horario:
De 7:45 a 9:00 ( madrugadores : 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día).

• Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago

A data límite para anotarse é o 3 abril

A reserva ordenarase pola data de pagamento
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00, no caso de que non se solicitara madrugadores. Non poderán acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de recollida, haberá que pagar unha penalización de 6€ que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.
No caso de non ingresalos, non poderá continuar asistindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade. No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou
dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.



Pódese descargar o formulario no seguinte enlace

domingo, 10 de marzo de 2019

Axudas económicas ás familias

O pasado 8/03/2019 publicouse no Dog a Orde do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se convocan para o ano 2019. Podedes consultala no seguinte enlace.



https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190308/AnuncioG0425-260219-0002_gl.html


martes, 5 de marzo de 2019

mércores, 6 de febreiro de 2019

Campamento de Entroido

Está aberta a inscrición para o campamento de Entroido

Horario:
De 7:45 a 9:00 ( madrugadores : 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día)

• Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
• Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago

A data límite para anotarse é o 20 de Febreiro

A reserva ordenarase pola data de pagamento
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00, no caso de que non se solicitara madrugadores. Non poderán acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de recollida, haberá que pagar unha penalización de 6€ que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.
No caso de non ingresalos, non poderá continuar asistindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade. No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou
dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.



Pódese descargar o formulario no seguinte enlace

venres, 18 de xaneiro de 2019

Charla educación emocional, convivencia positiva e conducta.

Iniciamos coa que esperamos que sexa a primeira de moitas charlas preventivas sobre temas que nos interesan como pais e nais de nenos en idade escolar. Nesta ocasión tratarase o tema da "Educación emocional, convivencia positiva e conducta". Adxuntamos o cartel da charla onte tedes toda a información.