luns, 30 de xaneiro de 2023

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de Entroido organizado pola ANPA do CEIP Lamas de Abade.

Estimadas familias:

 
Xa está aberta a inscrición para o campamento de Entroido do curso 2022/2023.
 
Horario e prezos:
 
De 7:30 a 9:00 (madrugadores: con almorzo 2 €/día; sen almorzo 1,90 €/día). Servizo opcional.
 
De 9:00 a 14:00 (actividades: 6 €/día)
 
De 14:00 a 16:00 (xantar: 6 €/día). Servizo opcional.
 
O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola e será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.
 
Para que o campamento de Entroido se leve a cabo será preciso que haxa un mínimo de 10 nenos anotados. Tanto para o servizo de madrugadores como para o servizo de xantar, terá que haber un mínimo de 5 solicitudes para que se fagan.
 
Formalización da inscrición.
 
Deberá facerse o ingreso na conta de ABANCA: ES80 2080 0349 8230 4000 2656.
 
O xustificante de pago, xunto co formulario debidamente cuberto, enviarase á coordinadora Mamen por correo electrónico ao enderezo coordinadoralamas@gmail.com. Tamén se lle pode entregar en man.
 
A data límite para anotarse será o venres, 3 de febreiro do 2023.
A reserva ordenarase pola data de pagamento e o número máximo de usuarios será de 50.
 
Desenvolvemento do servizo.
 
O Campamento de Entroido desenvolverase os días 20, 21 e 22 de febreiro do 2023. 
O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
 
Tanto para a entrada como para a saída, as familias deberán acceder ao recinto a través da cancela lateral que está ao lado do pavillón municipal, que únicamente estará aberta de 7:30 a 10:00 e a partir das 13:50. Os nenos e nenas entrarán pola porta do salón de actos situada no patio cuberto.
 
As rutinas diarias serán as seguintes: 
De 9: 00 a 10:00 Recepción.
De 10:00 a 10:30 Movemos o corpo.
De 10:30 a 11:00 Cancións de campamento.
De 11:00 a 11:30 Hora da merenda.
De 11:30 a12:00 Descanso.
De 12:00 a 13:45 Obradoiros/xogos/cine.
De 13.50 a 14.00 Preparación para o xantar ou para a entrega ás familias. 
De 14.00 a 15:00 Xantar
De 15.00 a 16.00 Xogo libre.
ÁS 16.00 Remate da xornada.
 
Diariamente haberá certas rutinas fixas, como actividade física ou cancións de campamento. Os luns estarán dedicados a facer múltiples xogos (xogos populares, olimpíadas infantís, etc). O resto da semana haberá obradoiros diversos, manualidades para que os nenos e nenas poñan en práctica a súa imaxinación e creatividade, cine, teatro. Tamén realizaremos outro tipo de actividades como bailes, murais, escenas con plastilina, que dependerán do número de nenos que haxa cada día, das súas idades e dos gustos de cada un. 
 
Neste enlace podedes descargar o formulario de inscrición.
 
Un saúdo.

venres, 27 de xaneiro de 2023

Menús do mes de febreiro de 2023.

Estimadas familias: 

 

Xa podedes consultar os menús do mes de febreiro.

Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.

Un saúdo.