martes, 29 de outubro de 2013

REPORTAXE QUE FIXO A TVG SOBRE O COMEDOR DOS NENOS DE LAMAS


Se non vos coincidiu de ver a reportaxe no seu día, podedes vela dende aquí ou no enlace de abaixo. Para todos os que tivemos a curiosidade de saber cómo é ese momento do comedor dos nosos pequechos.

martes, 22 de outubro de 2013

UN ARTIGO NA VOZ DE GALICIA SOBRE O NOSO SERVICIO DE COMEDOR

O correo La Voz de Galicia fixo un artigo sobre o atento servicio de comedor que reciben os nosos nenos no veciño centro de FP. Convidámosvos a lelo ou descárgalo pulsando na foto.

venres, 18 de outubro de 2013

CONCENTRACIÓN CONTRA A LOMCE O 24 DE OUTUBRO

Comunicado

Estimados pais e nais:

En apoio as mobilizacións convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público    para o xoves día 24 de outubro, convocámosvos a unha concentración, en contra da LOMCE na Praza do Toural, ás 11:30

Quedan suspendidos tódolos servizos ofrecidos por este ANPA, (madrugadores, comedor e actividades) para o xoves dia 24 de Outubro, aínda que se manterán uns servizos mínimos  nos que se contempla un comedor de “taper” ou comida fría, que terán que traer os nen@s que decidan vir o cole.

Este servizo mínimo terá como hora limite para recoller os cativos no centro as 16:00 horas

                                                                              Santiago de Compostela, a 16 de Outubro do 2013

ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE
 
 

venres, 11 de outubro de 2013

NON Á LOMCE Merca a túa camiseta


Saberedes polas diferentes manifestacións en contra da LOMCE que hai unha camiseta da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que somos membros,o formar parta da federacion de anpas de Compostela.
 
A Federación decidíu colaborar coa venda de camisetas  á xente que estea interesada. As camisetas teñen un custo de 5,00 € / unidade (só cobre os gastos de fabricación). Hai tallaxe desde a S até a XXL e temos dous tamaños infantís (para 5-6 anos e para 9-10).
 
Se estades interesados en adquirir unha, so tedes que decirlle a Mamen o nome da persoa, a talla e  o numero de camisetas que  queredes. O pago das camisetas farase por adiantado
Un saudo 
ANPA Lamas de Abade