Acta
Asemade indicamos a continuación os acordos tomados na 2ª asemblea ordinaria:
1. Posta en servizo dun catering nunha das aulas do cole (aula cedida polo centro) para un máximo de 40 nenos e nenas de educación infantil. Os cursos de infantil que comerán no cole, en vez de desprazarse a hostalería, dependerá das solicitudes que se reciban.
Ademais de prestar un servizo que permita atender toda a demanda para o curso 2019/2020, a través deste servizo de catering, atenderanse ALERXIAS e INTOLERANCIAS que ata o momento non podían ser atendidas en hostalería, co problema que supoñía para as familias que en moitos casos tiñan que cambiar de centro.
2. Priorizaranse na reserva de prazas de comedor as solicitudes por ano completo ou días concretos da semana fronte ás solicitudes de días soltos. A reserva de días soltos en vez de con carácter anual farase mensualmente, antes do día 20 do mes anterior, como se viña facendo antes de establecerse o baremo.
Do detalle dos asuntos tratados darase conta a través da publicación da acta da reunión unha vez se aprobe na sesión ordinaria de comezo de curso.