luns, 15 de outubro de 2018

Concentración parques infantiles

Estimadas familias,
A Asociación Veciñal O Castiñeiro está a desenvolver unha serie de actividades encamiñadas a poñer de manifesto a precaria situación do barrio no tocante aos parques infantiles e outras zonas de ocio ao aire libre.
Nos últimos anos o número de familias residentes aumentou dun modo considerable, e os novos parques infantis construídos son pequenos e para idades moi temperás. Ademáis están situados en zonas con pouca sombra, sen bancos e sen outras equipacións nas que poder practicar deporte ao aire libre.
Por este motivo, van enviar unha nota de prensa e organizar una concentración o vindeiro xoves, día 25 de outubro as 19h, no pequeno parque infantil situado na Rúa de Alfredo Vicenti (o parque das galiñas, no SUNP 12) e solicitan que acudan o maior número de nenos e nenas posible para visibilizar as carencias do barrio no tocante ás equipacións para a infancia.

domingo, 14 de outubro de 2018

Revisión oftalmolóxica no Espazo veciñal de Sar

Dende o Espazo veciñal de Sar nos informan desta campaña que pode ser da vosa interese.