Esta iniciativa consiste en entregar aqueles libros de texto da vosa propiedade para que poidan ser empregados por outras rapazas e rapaces no seguinte curso.
Trátase de facer un reparto xusto e equitativo, polo que as familias que incorporen exemplares ao banco de libros da ANPA terán dereito a recibir outros, sempre que haxa os que soliciten, e intentando que todas as familias se beneficien dun xeito similar.
Calquera familia pode solicitar exemplares do Banco de Libros da ANPA, independentemente de que doen libros ou os tivesen en préstamo durante este curso. As familias non socias recibirán como máximo o mesmo número de libros que doen ao banco, a non ser que sobren existencias.
Só se poden doar os libros que sexan propiedade das familias, quedando fóra aqueles concedidos pola Consellería de Educación e que forman parte do Fondo de Libros do Centro.
Por outra banda, os libros prestados pola ANPA o curso pasado deben ser devoltos obrigatoriamente á coordinadora da ANPA, e van identificados co distintivo da Asociación.
A persoas encargadas da xestión do banco comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros, limpos, borrados, etc), podendo rexeitar unha doazón ou demandando que o usuario repoña un exemplar prestado no caso de apreciar un deterioro por uso neglixente do mesmo.
Recordade, por último, que os libros doados pasan a ser do banco de libros da ANPA.