Estimadas familias:
Un ano máis a ANPA pon en marcha a finais de curso un BANCO DE LIBROS, para poder usar no vindeiro curso 2019-2020.
Como sabedes esta iniciativa consiste en entregar libros que sexan da vosa propiedade para que
poidan ser empregados por outras rapazas e rapaces no seguinte curso. As
familias que entreguen libros, terán dereito a recibir outros, sempre que os
haxa. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto.
PARA O PRÓXIMO CURSO SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO
CURSO ACTUAL.
·
Datas de recollida de libros:
Do 24 ao 28 de xuño; en horario de 9:00 a 14:00h.
Luns
24 e Mércores 26 de xuño; de 16:00 a 18:00h.
·
Preparación de lotes as primeiras semanas de xullo.
·
Datas de entrega de libros: Do
26 ao 31 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00h.
Luns 29 e Mércores 31 de xullo; de 16:00
a 18:00h.
Unha vez máis, agradecemos a vosa
colaboración.
PARTICIPA
Descargar o formulario