xoves, 23 de setembro de 2010

INICIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2009-2010

ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE (anpaceiplda@yahoo.es)

INICIO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2009-2010
Comunicado nº3

Hola amig@s:
O vindeiro día 4 de Outubro, comezan as actividades extraescolares no horario de 16:30 as 18:30. Os nenos/as que queden ó comedor, xa os conducen as monitoras a cada actividade. O transporte funcionará como outros anos, dúas rutas de transporte agás os martes que serán cinco.
OS PAIS NON PODEN ENTRAR NO CENTRO, as horas de recollida dos nen@s son ó remate das actividades, NUNCA entre horas, a non ser causa xustificada e sempre será o conserxe ó que avise @ nen@

Queremos recordarvos varias cousiñas:
  • Hai unha ludoteca de apoio á que poden asistir todolos nenos/as, complementaria as actividades. Se tedes xoguetes ou contos en bó estado que vos sobren, podedes aportalos a esta ludoteca.
  • Cada neno/a virá cá roupa axeitada para cada actividade (chándal ou similar para as deportivas e adecuada para as demáis). Cada monitor/a aconsellará sobre isto.
    É importante a puntualidade; pola boa organización das actividades, pregámovos sexades serios cas horas.
  • Os nen@s que se queden ó comedor serán recollidos a partir das 15:30 no colexio, OS PAIS NON PODEN ENTRAR NA ESCOLA DE HOSTELERÍA.
  • Para que ós meniños lles de tempo de almorzar, deben estar en madrugadores ANTES DAS 8:40, pois despois desa hora non da tempo de tomar o almorzo.
  • Así mesmo, temos correo electrónico no que podedes depositar todo tipo de cuestións: anpaceiplda@yahoo.es. Facemos unha vez máis fincapé na importancia que ten a vosa colaboración, pois para que isto funcione ben é precisa a axuda de todos.
  • O teléfono da coordinadora das actividades é: 662382216 e o seu nome Inma.
  • O HORARIO DE RECOLLIDA DOS NENOS/AS OS VENRES É ÁS 16:00, HORA DO PECHE DO COLEXIO. A Anpa non se responsabiliza a partir da mesma.

    Santiago, 27 de Setembro do 2010

xoves, 16 de setembro de 2010

ENTREVISTA CON CORREO TV (15-09-2010)

Tra-la asamblea da ANPA mantida o luns 13 de Setembro decidimos seguir adiante coas nosas movilizacións ata que teñamos resposta por parte da Consellería de Educación. Como seguinte paso onte mércores 15 de Setembro varios membros da ANPA mantivemos unha nova entrevista con Correo TV na que manifestamos a nosa firme postura de protesta ata que a administración nos aporte explicacións á nosa situación.


mércores, 15 de setembro de 2010

NOTA DE PRENSA (14-09-2010)

Ola:
A ANPA do CEIP Lamas de Abade segue adiante ante a NON contestación da administración aos problemas que a Consellería de Educación segue sen resolver. Na reunión da asemblea da ANPA do luns 13 de setembro, celebrada no colexio, adoptáronse os seguintes acordos que podese consultar AQUÍ.
Unha aperta. Moncho.

venres, 10 de setembro de 2010

INICIO DO CURSO CON RODA DE PRENSA

Hoxe venres 10 de Setembro comenzámo-lo curso como tíñamos previsto. Cointinuando as nosas peticións de resolución dos problemas do centro, manifestámonos con pancartas e repartimos octavillas para informar dos inconvintes e citar ó pais a unha asamblea, como xa vos informamos no artigo anterior.

O importante da nosa actuación de hoxe foi amosar ante rolda de prensa na entrada do centro que non desistimos na nosa loita polo benestar dos nosos nenos. Polo momento só contamos cunha breve nota de prensa. Encanto dispoñamos de artigos e videos, poñerémolos á vosa disposición.

Contamos convosco na asamblea do luns 13 de Setembro (ás 15:30 en primeira convocatoria e ás 16:00 en segunda). Gracias polo voso apoio.

Enlace á nota de prensa AQUÍ

xoves, 9 de setembro de 2010

CONCENTRACIÓN NAS PORTAS DEO CEIP LAMAS DE ABADE

A ANPA do CEIP Lamas de Abade sigue adiante ante a NON contestación da administración, entre as MOBILIZACIÓNS E ACTUACIÓNS ACORDADAS POLAS NAIS E PAIS despois da concentración na Praza da Quintana do martes 29 de xuño:

* Concentración nas portas do CEIP Lamas de Abade o venres 10 de setembro as 9:15 h coincidindo co comenzo do curso.

* Reparto de octavillas a todolos pais, nais, cos problemas sen resolver no CEIP Lamas de Abade:

  • Dobre liña de Educación Infantil
  • Falta de baños nas aulas de infantil
  • Desaloxo ocupas
  • Ordenadores para os alumnos/as de primaria
  • Libros de texto Comedor.

Estas actuacións terán lugar o VENRES 10 DE SETEMBRO ás 9:15 H, invitamovos a asistir a elas e asi poder informarvos.
Agradecendo de antemán a vosa presenza despidimonos cunha aperta.

sábado, 4 de setembro de 2010

REUNIÓN PARA SEGUIR COAS REIVINDICACIÓN DA DOBRE LIÑA

Tal como quedaramos en Xuño, penso que nos deberíamos reunir, para concretar as mobilizacións, un bo día é o vindeiro luns 6 as 19:30 diante do colexio, espero vervos a todos/as. Divulgadeo. Bo fin de semana e ata o luns

Moncho.