Quen somos

A ANPA do CEIP Lamas de Abade é unha asociación sen ánimo de lucro, formada polas nais e pais dos escolares do centro. Representa a estas familias no Consello Escolar, ante a dirección e o profesorado do centro e tamén ante as distintas administracións. Na actualidade esta asociación, posto que xestiona o servizo de comedor e as actividades extraescolares, é unha entidade colaboradora co Concello de Santiago en canto ás bolsas de comedor e de actividades extraescolares. Para axudar ás familias a conciliar a súa vida laboral e persoal, esta anpa tamén ofrece o servizo de comedor e de actividades lúdicas durante as vacacións escolares (nadal, entroido, semana santa, verán). En agosto, por descanso do persoal contratado, non se ofrece ningún servizo.



ESTATUTOS DA ANPA