xoves, 22 de decembro de 2022

Menús do mes de xaneiro de 2023.

Estimadas familias: 

 

Xa podedes consultar os menús do mes de xaneiro.

Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.

Un saúdo.

Felices festas!

Prezadas familias:

Desexámosvos un bo Nadal e un feliz ano novo, repleto de cousas importantes, das que chegan ao corazón.

Saúdos.

venres, 16 de decembro de 2022

Indicacións festa de Nadal 2022

Prezada Comunidade do CEIP Lamas se Abade:   

Xa está todo organizado, levamos semanas traballando e hoxe faranse os últimos preparativos e montaxe, ímolo pasar moi ben! 

Queríamos aclarar, por si alguén ten a dúbida, que o vale para o chocolate con churros non é unha entrada á festa, calquera membro da comunidade educativa pode vir. O vale só sirve para intercambialo por 1 chocolate con churros. 

Pedimos a todos e a todas os que tendes vales responsabilidade no uso, todos os vales entregados, se usen ou non, teñen un custo. Se alguén pensa que, por calquera razón, ao final non os va precisar, pregamos nolo comunique e poder así entregalos a outra xente que acuda sen vales e poda tamén desfrutar da chocolatada, que non se perdan vales! Animamos a aqueles que non conseguiran vales que acudan igualmente a desfrutar da festa e cando cheguen os pidan, hai vales que non se recolleron ou anuláronse. Entregaranse ata esgotarse. 

Para que podamos desfrutar da festa e que non xurda ningún problema queriamos darvos algunhas indicacións: 

* A rapazada debe vir acompañada dun adulto que se responsabilice dela durante toda a festa. 

* Accederase ao patio de columnas pola porta lateral do recinto, a que comunica co pavillón. A festa dará comezo as 17:30. Ata esa hora, os monitores e os voluntarios estarán organizando e montando todo para a festa. 

* Imos a ser moitos e todos coñecemos o tamaño do aparcadoiro e os problemas que diariamente xorden , non hai prazas para todos e un coche mal aparcado pode dificultar moito a circulación. Pedimos que na medida do posible a xente veña a pé. 

*A festa farase no patio de columnas, intentemos entre todos deixar limpo todo, haberá contenedores para depositar o lixo.  

* Fagamos un uso responsable das instalacións do colexio e dos baños. Só se poderá acceder ao edificio do colexio para o uso dos baños da planta baixa (accédese a eles dende o patio de columnas) 

* Recordade que non se pode fumar en todo o recinto escolar. 

* Se vos apetece, traede algunha vestimenta ou complemento de Nadal.

* Non esquezades traer impresas as letras das panxoliñas. Achegamos as letras e os enlaces para poder escoitalas.

Os tres reis magos + O aguinaldo do ovo. https://www.youtube.com/watch?v=mOOMHFmzIE0
 
 
 
Podedes imprimir as letras para poder cantalas todo xuntos da festa. Premer AQUÍ.
 
Un saúdo e grazas pola colaboración.


 

sábado, 10 de decembro de 2022

Panxoliñas festa de Nadal

 Estimadas familias:

Aquí tendes os enlaces ás panxoliñas que se van interpretar da festa de Nadal. Levan a un vídeo para poder escoitalas. Son:


* Os tres reis magos + O aguinaldo do ovo. https://www.youtube.com/watch?v=mOOMHFmzIE0
 
 
 
Podedes imprimir as letras para poder cantalas todo xuntos da festa. Premer AQUÍ.

Saúdos e grazas por participar