Ante as consultas
recibidas con respecto o carácter non lectivo do próximo día 19 de marzo
procedemos a facer a seguinte aclaración.
No momento de
publicar o calendario escolar a principios de curso inda non estaba pechado o
calendario laboral do ano 2019 e non estaban determinados todos os días
festivos escollidos pola administración autonómica. Por iso o entregado a
principio do curso polo cole ou o publicado no noso blog non recollía este día.
Posteriormente foi determinado como día festivo de carácter autonómico o día 19
de marzo así que non será día lectivo.