martes, 23 de maio de 2017

PROXECTO VOCES LEDAS

O vindeiro xoves día 1 de xuño ás 10.30h terá lugar o acto de presentación oficial do proxecto VOCES LEDAS no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Avda. Xoan XXIII, Campus Norte) da USC. 

VOCES LEDAS é un proxecto psicopedagóxico de educación vocal e canto dirixido á infancia que pretende garantir oportunidades e espazos democráticos para a voz, co apoio e colaboración do Orfeón Terra a Nosa. Dende un punto de vista inclusivo en conexión coa contorna, trátase de crear lazos entre as diversas institucións e de abrirse e beneficiar á comunidade, no ámbito educativo non formal. 

O proxecto VOCES LEDAS xurdiu no curso 2015-2016. O equipo confórmano o director do Orfeón Terra a Nosa, Miro Moreira, a cantante Mariola González e a investigadora Lucía da Fonte, que desfrutou de bolsas do Ministerio de Economía e Competitividade español e da Fundación Barrié para o estudo de programas nacionais de canto escolar en Arxentina e Inglaterra. 

Para a súa posta en marcha, a partir de setembro de 2016, nenas e nenos do CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) formaron un coro piloto, coa necesaria participación e apoio da profesora Diana Capelo. Os alicerces que sustentan este proxecto parten do desfrute persoal, da atención individual ás nenas e nenos e dos procesos como garantía máxima de calidade. 

O contido deste acto estará centrado na exposición das orixes, do presente e das propostas de futuro do proxecto, así como no desenvolvemento dunha aula aberta. A entrada é libre até completar aforo. Máis información en directivaorfeon@gmail.com. 

martes, 9 de maio de 2017

CHARLA SOBRE A PROBA DE SELECTIVIDADE


venres, 5 de maio de 2017

SANTIAGO NO MEDIEVO

Queridas familias, benvidos ao Medievo!
Grazas ao Proxecto Documental Integrado (PDI) que propuxemos desde a Blibiotemca ímos trasladarnos no tempo e facer unha viaxe por Santiago na Idade Media.

Íste é o folleto en que vos indicamos todo o que podedes ver. Descargar.