Madruga

1.- Horario: de 07:30 a 09:00 h. Aqueles nenos ou nenas que almorcen durante o Servizo madruga deberán estar obrigatoriamente no centro antes das 8:20 da mañá para que poidan almorzar con tranquilidade. O resto chegará antes das 8:30.

2.- Entrada ao servizo: Os nenos e nenas entrarán sós pola porta principal do centro, onde serán recollidos polo persoal da ANPA e acompañados ao lugar onde se prestará o servizo.

3.- Material: Deberán traer un neceser con cepillo e pasta de dentes, co seu nome escrito nun sitio visible. Ao final do almorzo lavarán os dentes e a cara e serán acompañados ao lugar asignado polo Centro para que se incorporen ás súas aulas.

Ademais, os nenos e nenas de infantil poderán traer un mandilón, que virá tamén co seu nome escrito nun lugar visible e que irá para casa os venres. 

4.- Periodo de reserva: O servizo de madruga reservarase para o curso seguinte na primeira quincena de xuño, debendo formalizar a matrícula definitiva antes do 18 de setembro. No caso de ter que modificar as datas para o comedor do mes de setembro o prazo de aviso será o día 3 de setembro.
No caso de que a demanda de prazas supere a oferta, aplicarase o seguinte baremo:
  1. Días de uso do servizor por usuario ao ano no ano anterior:
Entre 160 e 180 días - 10 ptos.; 140-160 días: 9 ptos.; 120-140 días: 8 ptos.; 100-120 días: 7ptos.;  80-100 días: 6 ptos.; 60-80 días: 5 ptos.; 40-60 días: 4 ptos.; 20-40 días: 3 ptos.; 0-20 días: 1 pto.
  1. Socio no curso anterior: 1 pto.
  2. Irmán/á usuario/a do servizo no curso anterior: 2 ptos.

5.- Importe do servizo: 1,90€/día sen almorzo e 2€/día con almorzo (esta cantidade é independente da hora de chegada). Este servizo cóbrase por adiantado. Ao longo do curso só estarán permitidos, no servizo de madruga, cambios puntuais, sempre que se avise antes do día 20 do mes anterior ao cambio, o que permitirá non ter que aboar o servizo. Se os cambios son comunicados despois desa data, os importes terán que ser aboados polas familias aínda que non utilicen o servizo. Estes cambios puntuais refírense a imprevistos que non supoñan un cambio substancial respecto do reservado, e non poderán ser repetitivos e continuados ao longo do curso. No servizo de madruga poderase, previa consulta coa coordinadora, modificarse a opción con almorzo ou sen almorzo.

6.- Formulario de inscrición: Deberán poñerse en contacto coa coordinadora da ANPA (coordinadoralamas@gmail.com) para consultar a dispoñibilidade de prazas.