xoves, 14 de setembro de 2017

TÁBOA PROVISIONAL DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 201-2018

Xa temos una táboa provisional dos horarios e precios das actividades extraescolares para este novo curso académico. Podedes descargarla nesta ligazón.

martes, 12 de setembro de 2017

SUBSANACION BOLSAS DE COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES. CURSO 2017/1

CONCELLARÍA DE IGUALDADE

Requerimento de subsanación de solucitudes e documentación para a resolución de bolsas de comedor, actividades extraescolares, material escolar ou conciliación. Curso 2017/18

En cumprimento do establecido na base reguladora 7.1, da convocatoria para a concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, publícase a relación de persoas solicitantes que deben emendar a súa solicitude e/ou documentación, para que no prazo comprendido entre o 12 de setembro e o 25 de setembro de 2017, ambos os dous incluídos, presenten os documentos preceptivos no Rexistro Xeral do Concello.