Para facilitar
a conciliación de todas as familias do CEIP Lamas de Abade, nos períodos de vacacións
(Nadal, Entroido, Semana Santa e verán) ofrecemos o servizo de campamento de
7:30 a 16:00 h.
Durante o mes de agosto o centro permanece pechado, polo que non se organiza.
Para que o servizo poida levarse a cabo, é preciso un mínimo de persoas anotadas.
-
Servizo madruga: de 07:30 a 09:00 h. Opcional.
-
Actividades: de 09:00 a 14:00 h.
-
Xantar: de 14:00 a 16:00 h. Opcional.
O servizo
de comida será servido por unha empresa de cátering local, e estará supeditado a que haxa un mínimo de solicitudes por día. É preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.
Para
unha mellor organización das actividades, o horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será entre as
09:00 e as 10:00 horas. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00 h. O horario de saída será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Pregamos que respectedes estes horarios.
Existe un límite de prazas de 70 nenos e nenas por día para
cada un dos campamentos ofertados.
Os prazos para inscribirse e para realizar os pagos serán os
establecidos en cada convocatoria, que será publicada no blog da ANPA e
facilitada ás familias socias a través do correo electrónico, entre outros
medios.
Xa esta aberta a inscrición para o campamento de Nadal 2023.