venres, 25 de maio de 2012

A ESCOLA EN PERIGO

xoves, 24 de maio de 2012

O GALEGO NA EDUCACIÓN

1.0 galego necesita aprenderse na escola
En Galicia temos dúas linguas e o sistema educativo debe conseguir que se dominen as dúas.

A escola ten que garantir que os nenos/as saiban por igual galego e castelán. Hoxe en día, para moítos nenos/as a escola é o único lugar no que conviven co galego. Por iso, xa que o galego precisa espazos de uso, é fundamental que, cando menos, a metade das materias se impartan no noso idioma. Porque, todos estamos de acordo, as linguas apréndense usándoas.

2. Saber galego axuda a aprender
Os especialistas en adquisición de linguas (Cummins, I. Vila, C. Baker...) demostran nos seus estudos que é máis fácil aprender unha nova lingua partindo doutras. Canto máis temperá é a introdución de novas linguas mellor se consolidan.

Se un alumno aprende nunha lingua poderá transferir os coñecementos a calquera outra (se aprende matemáticas en galego, poderá utilizar os seus coñecementos matemáticos en calquera outra lingua).

Sabiades que...

... o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española?

O informe Pisa sinala que a; comunidades con dúas linguas se sitúan por riba da media española en competencia en lingua caítelá.
Existen estudos que demostran que en Galicia os resultados obtidos polo alumnado son mellores que os doutras comunidades autónomas

... o alumnado galego ten mellor dominio do inglés que a media española?

... o alumnado galego remata a secundaria máis capacitado que o doutras comunidades que teñen unha soa lingua?

Seis premios nacionais de bacharelato e formación profesional deste ano foron para o alumnado galego, alumnado que se formou estudando materias en lingua galega.

O coñecemento das linguas internacionais é necesario, pero nin dinamarqueses, nin holandeses, nin islande-ses... deixan de lado a súa lingua propia a pesar de teren poucos falantes. Todas as culturas entenden a lingua como un patrimonio que hai que protexer e do que sentir' se orgullosos.

O galego é unha ponte para coñecer a lingua portuguesa e ábrenos as portas a un mercado próximo aos 300 millons de persoas. Nun mundo fortemente competitivo onde os idiomas van ser básicos para abrirse camiño na vida, temos que ser conscientes todos nós de que non nos podemos permitir o luxo de desprezar ningunha das nosas potencialidades lingüísticas.

Documento 1
Documento 2
Documento 3

xoves, 17 de maio de 2012

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA O PRÓXIMO MÉRCORES 23 de MAIO





Teu fillo ou filla vai ser o afectado.

Estimad@s pais e nais: A batería de recortes do goberno vai empeorar o ensino público, xa no próximo curso: Menos profesorado, non se van cubrir as baixas, sen profesores de apoio, sen biblioteca, e non sabemos cantas cousas máis. Por si isto fose pouco, atrancos institucionais á xestión de comedores e actividades extraescolares, dificultades para a xestión das mesmas polas anpas, abandono da responsabilidade civil,…
Pódese decir que o ensino público está en risco máis ca nunca.
As anpas están a dar servizos que deben facer as administracións públicas (Consellería de Educación, Concello de Santiago ) e que estas non fan.
Acude a asamblea da anpa. Entre tod@s podemos parar os recortes.


ASAMBLEA XERAL ORDINARIA O PRÓXIMO MÉRCORES 23 de MAIO
16.00 pm (1ª Convocatoria) 16.30 (2ª Convocatoria)
ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Balance económico.
3. Informe de comedores.
4. Peche de Actividades Extraescolares.
5. Información sobre os recortes no ensino público, incidencia en Lamas de Abade.
6. Rogos e Preguntas.

ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE
anpaceiplda@yahoo.es