luns, 22 de xullo de 2019

Banco de libros

Estimadas familias:

Dende a Directiva da ANPA, queremos dar as grazas a todas as persoas que colaborastes co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS.

Grazas a esta colaboración podemos axudar a moitas familias a que o desembolso económico pola compra de libros de texto sexa menor.

Este ano o reparto foi complicado porque solicitáronse moitos libros dos que non temos existencias no Banco. En total faltan 60 libros dos cursos de 4º, 5º e 6º .
Se algunha familia conta con algún libro destes cursos e quere doalo ao Banco aínda está a tempo.

Por outra banda comunicar que despois de facer o reparto das solicitudes recibidas, aínda temos algúns libros de texto de 1º, 2º e 3º para prestar se alguén non comprou e necesita.

Recordarvos que a data de recollida de libros será os días 26, 29, 30 e 31 de xullo en horario de 9 a 14 horas, e o luns 29 e mércores 31 de 16 a 18 horas.

Podedes solicitar os libros seguindo as instrucións indicadas en http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/2019/06/banco-de-libros-anpa.html

Grazas a todos

A directiva da ANPA do Ceip Lamas de Abade