Está aberta a inscrición para o campamento de Nadal
Horario:
De 7:45 a 9:00 (madruga: 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 (actividades: 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 (xantar: 5,5 euros por día). Importante!
Mínimo 8 solicitudes por día para poder prestar o servizo. De non chegar a
este mínimo as familias poderán traer a comida de casa.
• Facer o ingreso en ABANCA: ES80-
2080-0349-82-3040002656
• Entregarlle á coordinadora o formulario de
inscrición xunto co xustificante de pago
A data límite para anotarse é o 5 de decembro.
Número máximo de
nenos e nenas: 70. A reserva ordenarase
pola data de pagamento. No caso de
anulación sobre a reserva pasado o día 5 de decembro obrigará á totalidade do
pago sobre o reservado aínda que o neno ou nena non asista ao campamento.
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00, no caso
de que non se solicitara o servizo madruga. Non poderán acceder ao campamento
despois das 10:00.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou
ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de
recollida, haberá que pagar unha penalización de 6 € que se ingresarán na conta
bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á
coordinadora.
No caso de non ingresalos, non poderá continuar
asistindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a
normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con
determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a
súa seguridade. No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha
necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o
pago.
Podese descargar o formulario no seguinte enlace