Informámosvos que este ano, coa apertura dun novo comedor (1), hai prazas para atender a totalidade da demanda recibida no prazo de inscrición, polo que non será preciso aplicar o baremo.
Recordámosvos que tedes ata o 3 de setembro, como data máxima, para modificar a reserva de comedor do mes de setembro, e ata o 18 de setembro, para modificar a reserva anual. Tede en conta, como en anos anteriores, que a reserva é anual polo que non será posible modificar a reserva máis alá desa data, salvo modificacións puntuais. Para calquera aclaración, estamos á vosa disposición.
Grazas pola vosa colaboración.
(1) O Novo comedor, dotado de 52 prazas, localízase nunha aula cedida polo centro. Nese comedor darase servizo a todos os cursos de educación infantil e atenderanse tamén os casos que poidan existir de intolerancias e alerxias alimenticias. Na actualidade estase á espera da autorización da xefatura territorial da Consellería de educación como único trámite pendente.