Asóciate

Segundo ven recollido nas Normas Xerais da ANPA, para poder participar en calquera actividade da ANPA é preciso ser soci@ (estar ao corrente do pago da cota anual) ou pagar unha matrícula anual. Aquelas persoas que non teñan os pagos ao día, non serán admitidas en ningunha das actividades organizadas pola asociación.

A cota de socio é anual e única por familia.

A inscrición como novo socio da ANPA realizarase en setembro. Enviarase o formulario ás familias. Xunto co formulario para facerse socio da ANPA, achegarase o rexistro a cubrir coa relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a.

As familias que xa son socias e queiran modificar algún dato da ficha de socios (incluír un novo irmá ou irmán, cambios de enderezo ou de teléfonos) poderán empregar tamén o formulario de inscrición de socio. Da mesma maneira, se queren modificar a relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a deberán actualizar o rexistro de Autorización recollida do alumnado.

Para calquera aclaración, podedes poñeros en contacto coa ANPA (anpaceiplda@gmail.com) ou coa coordinadora Mamen (coordinadoralamas@gmail.com; teléf.: 662 38 22 94)

FORMULARIO