martes, 19 de febreiro de 2013

LOMCE?, NON GRAZAS

O Movemento Compostelán en Defensa do Ensino Público xa ten páxina web. Por favor axúdanos a compartila:

 
Iste movemento pretende ensanchar, máis aínda, o espazo no que nos movemos todos os membros da comunidade educativa pública: o ensino. Aquí estamos pais, nais, titores, titoras, profesores e profesoras do alumnado deste país; quen sempre debéramos estar xuntos,...

CHARLA SOBRE A LOMCE

 A charla correrá a cargo de:
- Ana Alonso, Profesora de Filosofía no IES Xelmírez II
- Miguel Vázquez Freire, escritor e Profesor de Filosofía no IES Eduardo
Pondal

Día: 22 de febreiro ás 8,30 h.
LUGAR: Local da Troita Armada, Rúa do Pombal, nº 18, Compostela

Rematada a charla, disfrutaremos duns petiscos e poderemos debater de
xeito máis distendido e lúdico c@s conferenciantes.

É preciso saber as persoas que queiran disfrutar dos petiscos, polo que
deben confirmar a asistencia antes do Mércores 20 de febreiro, ás 14 h.

http://www.facebook.com/#!/pages/Ascociaci%C3%B3n-cultural-e-gastron%C3%B3mica-A-Troita-Armada/91960981911


Saúdos