Dende a ANPA infórmase que, con motivo das obras
de ampliación que están a realizarse, e tras avaliar coa dirección de obra, os traballos
que se ían desenrolar durante o período estival, non é posible desenvolver
o campamento de verán nos meses de xuño, xullo e setembro, como estaba previsto.
Neste período non é posible manter unhas medidas
de seguridade apropiadas, nin dispor de espazos que permitan realizar os
campamentos con normalidade e nun ambiente lúdico.
Sentimos as molestias que isto poida ocasionar ás
familias. Durante as próximas semanas, e ata finais de curso, daremos difusión
a través do blog, dos campamentos que ofrecen outras organizacións e
administracións públicas por se foran de interese para as familias.