Queremos comunicarvos que o XOVES 20 de xuño as 17:00 h. vaise celebrar o
FESTIVAL DE PECHE DE ACTIVIDADES.
As/os participantes teñen que estar as 16:30 h. na entrada do pavillón, os que
veñen da casa deben vir xa vestidos mentres que os de comedor deben traer a
roupa nunha bolsa e todo indicado con nome. Habilitarase unha zona, fora do
pavillón, para aqueles pais/nais que queiran cambiar eles aos nenos/as de
comedor.
Recordamos cal será a vestimenta para o festival:
·
Patinaxe:
Infantil : Enaniños
Primeiro e Segundo: Spiderman
Maiores: mallas e top/camiseta negro, chaleco
cor-forrado negro, guantes rede, pulseiras con lazos, colar de plástico(colar
tatuaxe), fundas negras.
·
Rítmica :
Maillot, moño moi alto ben engominado (pinzas opcional) e punteiras cor carne.
·
Danzas Urbanas: Tenis brancos ou negros,
pantalón vaqueiro claro e camiseta manga curta de un so cor e que quede moi
grande.
·
Speaking lúdico infantil: Disfraz (ou vestido da cor)
do animal que van representar.
·
Speaking lúdico Primaria: Vir elegantes
·
Divertidanza : pantalón beis, camiseta de cor negra
e camisa branca.
·
Futbiño: Equipaxe ( para os nenos que non teñen
repartirémola a semana anterior)
·
Baloncesto: Equipaxe (repartirámola a semana
anterior)
·
Kárate : Kimono.
OS/AS NENOS/AS QUE PARTICIPAN EN ACTIVIDADES QUE NON ACTUARÁN NO
FESTIVAL ( XADREZ, ROCKBOTIC, PINTURA, EMOCIONA-T E NENOOS) ESTÁN CONVIDADOS Ó FESTIVAL E UNHA VEZ
REMATADO RECOLLER A SÚA MEDALLA.
Programa do festival