mércores, 21 de xuño de 2017

CAMPAMENTO DE SETEMBRO

Está aberta a inscrición para o campamento de setembro que será os días 1,4,5,6,7 e 8.

Horario:
De 7:45 a 9:00 ( madrugadores :1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día)

O procedemento de inscrición será:
• Apuntarse no taboleiro de anuncios ( especificar os días que se dexesa asistir )
• Facer o ingreso en A BANCA:ES80- 2080-0349-82-3040002656
• Entregarlle á coordinadora o xustificante (Mamen). A data límite de anotación é o 22 de xuño do 2017

A reserva ordenarase pola data de pagamento

BANCO DE LIBROS


Comunicado nº9
Estimadas familias:

Un ano máis a ANPA pon en marcha a finais deste curso un “BANCO DE LIBROS”, para poder usar no vindeiro curso 2017-2018. Esta iniciativa consiste en entregar os libros que sexan da vosa propiedade (mercados polas familias) utilizados neste curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir libros do próximo curso, deste BANCO DE LIBROS DA ANPA.

Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas.

O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice, só se poden entregar os libros que sexan propiedade das familias, quedan fóra deste sistema, os libros concedidos pola Consellería de Educación.

As persoas que entreguen os libros, terán dereito a recibir outros. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto para todos os solicitantes.

As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, etc). Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo estado ( ou repoñeranse polo usuario ) ao final do próximo curso. Os libros pasan a ser do banco da ANPA, non son do colexio.

PARA O PRÓXIMO CURSO SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO CURSO ACTUAL.

Datas de recollida de libros:
Do 28 ao 30 de xuño; en horario de 15:00 a 16:00h.
Preparación de lotes a primeira semana de xullo.


Datas de entrega de libros:
Do 24 ao 28 de xullo, en horario de 15:00 a 16:00h.
Unha vez máis, damos as grazas a todos pola vosa colaboración.




PARTICIPA