mércores, 16 de setembro de 2020

Comunicación inicio curso 2020/2021

 Estimadas familias

En primeiro lugar agardamos que todos e todas esteades ben e que o comezo do curso fose da mellor maneira posible, tendo en conta a novas rutinas e distanciamentos que debemos respectar.

Como xa vos informamos por correo electrónico, a pesar das incertezas iniciais e dos cambios nas instrucións recollidas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID19, este curso será posible ofrecer o servizo de comedor e de madruga a todas as familias que o solicitaron. Para conseguir que ningún usuario quedara fóra, tivemos que establecer un sistema de quendas que sabemos que pode causar algún contratempo a algunha familia, sobre todo a aquelas que tendes aos vosos cativos e cativas en quendas distintas. Neste sentido, e para facilitar un pouco as cousas, decidiuse que os usuarios da primeira quenda poderán ser recollidos, igual que os da segunda, até as 16:30.

A continuación imos facervos un pequeno resumo de como queda a situación e os horarios dos dous servizos que ofreceremos dende o comezo de curso. Adiantamos xa que de principio non ofreceremos ningún tipo de actividade despois do comedor. As medidas concretas que habería que adoptar para levalas a cabo e a responsabilidade que dende o Protocolo fan recaer sobre as directivas das ANPA desaconsellan, de momento, artellar ningún tipo de actividade. Esta decisión está en consonancia coa decisión adoptada pola inmensa maioría das ANPAS da contorna.

En canto ás quendas do comedor, as horas de recollida quedan da seguinte maneira.

Comedor de infantil

1ª quenda: a partir das 15:00

2ª quenda: a partir das 16:00

 

Comedor de Hostalaría

1ª quenda: a partir das 15:15

2ª quenda: a partir das 16:15

 

A hora máxima de recollida serán ás 16:30. Somos conscientes de que para moitas familias pode resultar difícil conciliar os seus horarios, pero temos que insistir en que respectedes de maneira rigorosa o horario de saída. Os alumnos de infantil recolleranse na porta principal do centro mentres que os de Primaria sairán pola porta do pavillón.

As quendas establecidas, tal e como recolle o Protocolo, serán fixas durante todo o curso escolar polo que non existirá a posibilidade de cambialas baixo ningunha circunstancia.

No tocante ao Servizo Madruga, a entrada farase dende ás 7:30 ás 8:30, aínda que aqueles usuarios que vaian almorzar terán que chegar antes das 8:20. Os nenos e nenas serán recollidos na porta do Centro xa que de momento non está permitida a entrada no recinto escolar.

Todas as modificacións que por causa da COVID19 tivemos que facer na prestación dos servizos están recollidas no Protocolo de actuación da ANPA que forma parte do Protocolo do Centro e que publicaremos en breve no blog da asociación.

Debido ás situacións excepcionais deste curso, a equipa directiva decidiu que o prazo para anular ou modificar os días de uso do comedor será até o 23 de setembro. Pregamos, sen embargo, que no caso de que vaiades darvos de baixa dalgún servizo enviedes un correo electrónico ao enderezo anpaceiplda@gmail.com á maior brevidade posible. Tamén decidimos que aqueles usuarios que debido a un confinamento non poidan asistir a clase non terán que pagar o importe dos servizos durante os días nos que dure o confinamento. Será o centro o que nos informe dos usuarios que están afectados por este tipo de confinamento xa que segundo se establece no Protocolo as familias deberán informar aos centros desta circunstancia.

En canto ao custo dos servizos decidiuse manter os prezos e as cotas do ano pasado.

O prazo para pagar a cota de socio (27 €) e o seguro (6 €) amplíase de maneira excepcional até o xoves, 15 de outubro. Enviarase un correo electrónico informando sobre a maneira de facer o pagamento, así como o formulario de inscrición para as familias novas ou aquelas que teñan que facer algún cambio nos seus datos.

En canto aos recibos do Comedor e do Servizo Madruga, a partir do 25 de setembro recibiredes o  do mes de setembro. Para o resto do curso, os pagamentos realizaranse entre os días 1 e 10 de cada mes. Os recibos deben enviarse á conta de correo electrónico coordinadoralamas@gmail.com.

 

Atentamente.

A Xunta directiva da Anpa e Club Deportivo Lamas de Abade

martes, 11 de agosto de 2020

Novas curso 2020-2021

Estimadas familias

Ante a actual situación sanitaria, o comezo do curso está cheo de incertezas. Con todo, queremos comunicarvos que dende a directiva da ANPA estamos a traballar para poder retomar os servizos que ofertábamos coas maiores garantías para todos.

Nas últimas semanas mantivemos contactos coa Dirección do Centro e coa Escola de Hostalería e para o inicio do curso 2020-2021 poderemos prestar o servizo de comedor co mesmo número de prazas que o curso anterior, aínda que para adaptarnos á nova situación creada pola COVID teremos que facelo en dúas quendas.
Podemos adiantar que a primeira delas comezará ás 14:15 e a segunda ás 15:00, polo que a hora de recollida non poderá ser antes das 16:00. Informaremos sobre a quenda que lle corresponde a cada neno e nena e sobre a recollida do alumnado cando teñamos o protocolo de actuación validado pola Equipa Covid do Centro. Todas as solicitudes recibidas no prazo de preinscrición poderán ser atendidas.
Sinalar, sen embargo, que dende a Escola de Hostalería non poden garantir que poidan ofrecer o servizo xa que como todos sabemos, son os propios alumnos os que elaboran os menús e ao igual que ocorre en todos os centros educativos, en caso de que teñan algún contaxio terán que deixar de asistir a clase. Neste caso poderiamos seguir empregando o local, pero os menús terían que ser ofertados por unha empresa de catering local.

O servizo madruga tamén terá que ser en dúas quendas, e estamos traballando para poder satisfacer toda a demanda xa que hai algún día no que superamos o máximo de usuarios.
Adiantamos que haberá cambios na entrada do alumnado pois durante o próximo curso as familias terán limitado o acceso ao centro polo que deberán deixar aos nenos e nenas na porta principal, onde estará o conserxe do centro e o persoal da ANPA que se fará cargo dos cativos.

De cara as actividades extraescolares, dadas as restricións impostas pola situación, pensamos que non vai ser posible a súa realización, polo que estamos a traballar na posibilidade de ofrecer un servizo de conciliación para as tardes.


Por outra banda, no mes de setembro, convocarase unha Asemblea Xeral. No momento en que se convoque, pedirásevos que confirmedes a vosa asistencia vía mail, para saber con cantas persoas contamos e así dispoñer dun espazo que reúna as condicións de distanciamento oportunas.


Queremos recordar que todo está supeditado a como evolucione a situación nas próximas semanas. Informaremos puntualmente de calquera cambio que poida producirse.


luns, 27 de xullo de 2020

Información Protocolo covid-19


O pasado 22 de xullo, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021. Xuntamos enlace. http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31578

Este protocolo descarga a responsabilidade de organización do funcionamento do centro ante a pandemia nas direccións dos centros e nas ANPA. A data elixida para publicar o protocolo, que non foi consensuado na mesa sectorial docente, apenas nos deixa marxe ás ANPA para organizar os servizos que vimos ofertando.

Ante esta situación queremos comunicarvos que estamos fondamente preocupados  pola falta de información que nos ten acompañado desde o inicio da pandemia. A nosa vontade, como sempre, é a de colaborar co centro para que as familias contemos cos servizos complementarios de calidade, servicios que deben desenvolverse no marco de protocolos que protexan aos nosos nenos e nenas ante posibles contaxios.

Desde a publicación do protocolo estamos a traballar na adaptación da oferta de actividades, que serán menos das habituais e que deberán adaptarse ao que estableza o protocolo que estamos a elaborar coa empresa con que temos contratado o servizo de prevención. Este protocolo, unha vez elaborado, será facilitado á dirección do centro para a súa aprobación.

Respecto do servizo madruga, teremos tamén que adaptalo, comunicando o que proceda para o seu emprego, o antes posible.

A nosa maior preocupación na actualidade céntrase no servizo de comedor. Levamos tempo intentando que o CIFP Compostela nos informe das prazas das que poderemos dispoñer o ano que vén, pero parece que non nos poderán dicir nada concreto ata o mes de setembro, mes, no que xa ofertamos servizo de comedor en cursos pasados e para o que temos unha preiscrición que rolda as 200 solicitudes diarias.

Esta situación parécenos inadmisible, posto que precisamos tempo para organizar o servizo e tomar as medidas preventivas que sexan necesarias. Durante esta semana seguiremos intentando que se nos facilite a dita información pero entendíamos que non podíamos demorar máis a información ás familias.

Desde a Xunta Directiva seguiremos a traballar durante todo o verán para que o curso comence con certa normalidade en setembro e coas máximas garantías de seguridade e saúde dos nosos fillos e fillas, colaborando ademais co centro en todo o que estea na nosa man, pero lamentamos que a falta de información estea a dificultar este traballo o que redunda en moita incertidume para as familias respecto dos servizos dos que van a poder dispoñer o ano que vén. Servizos imprescindibles en moitos dos casos. Ante esta situación son varias as ANPA que xa renunciaron a seguir a prestar estes servizos.

Por último, informar que a Confederación de ANPA está a organizar unha concentración contra o protocolo da Xunta que terá lugar o próximo martes 28 de xullo ás 11:30h  diante da Consellería de educación, en San Caetano.

Calquera novidade ao respecto desta notificación será comunicada coa maior celeridade ás familias.

luns, 13 de xullo de 2020

Calendario escolar 2020-2021

O pasado venres 9/07/2020 saíu publicado no Dog o calendario escolar para o próximo curso 2020-2021. Pódese ver a orde no seguinte enderezo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200709/AnuncioG0534-010720-0001_gl.html

A falta de que o centro decida cal é o día que escolle así queda o calendario:





Tamén o teredes dispoñible todo o curso na marxe esquerda da nosa páxina, coma ven sendo habitual.

xoves, 2 de xullo de 2020

CONVOCATORIA BOLSAS DE COMEDOR, ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES. CURSO 2020-2021.

O luns 29 de xuño publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria das bolsas para comedor e actividades extraescolares para o vindeiro curso 2020-2021 do concello de Santiago de Compostela.

Salientar que todas as familias que desexen solicitar bolsa este ano, dispoñen, segundo a base 7 da convocatoria, do prazo de 15 días hábiles para presentar a súa solicitude contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no BOP. 

A continuación tedes as bases da convocatoria en formato PDF.

Por último informar que tal e como ten feito estes anos, esta ANPA presentará a solicitude para actuar como entidade colaboradora do concello para a xestión destas axudas.

Para calquera dúbida podedes contactar con nós a través dos correos das coordinadoras (coordinadoraactividadeslamas@gmail.com e coordinadoralamas@gmail.com) ou desta Directiva. 








Pódese descargar o documento nesta ligazón






Pódese descargar o documento nesta ligazón

luns, 15 de xuño de 2020

Información curso 2019-2020


Estimadas familias,

Ante a imposibilidade de convocar a segunda Asemblea Ordinaria da Asociación, elaboramos un documento coa información do que foi este curso que remata. Durante as próximas semanas iremos dando conta do que vaiamos coñecendo sobre o próximo curso a través do correo electrónico e no noso blog.

Moita saúde e prosperidade



venres, 12 de xuño de 2020

xoves, 11 de xuño de 2020

Banco de libros 20-21


Estimadas familias:
Un ano máis a ANPA pon en marcha a finais de curso un BANCO DE LIBROS para poder usar no vindeiro curso 2020-2021.
Como sabedes, esta iniciativa consiste en entregar libros que sexan da vosa propiedade para que poidan ser empregados por outras rapazas e rapaces no seguinte curso. As familias que entreguen libros, terán dereito a recibir outros, sempre que os haxa. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto.
Para o próximo curso só poderán aproveitarse os libros de 4º e de 6º.
Recollida dos libros prestados no curso anterior: Do 16 ao 19 xuño; en horario de 9:00 a 13:30 horas.

·                    Todos os libros prestados durante o curso anterior deberán ser entregados xunto co formulario debidamente cumprimentado.
·                    Os libros serán depositados no espazo habilitado na parte de atrás do centro (patio cuberto) para que a coordinadora poida recollelos cumprindo coas medidas de distanciamento oportunas.
·                    Ninguén pode acceder ao interior do colexio.
·                    No caso de que haixa varias persoas para entregar os libros prestados neste curso, deberá gardarse a distancia de 2 m. de separación nas filas.

Comunicado e entrega de libros concedidos. Durante o mes de xullo as familias recibirán unha comunicación na que se indicará que libros do fondo lles corresponden para que poidan  mercar os que lles faltan. Debido as circustancias excepcionais coas se está pechando o presente curso escolar e ao periodo no que os libros deben permanecer en corentena, este ano a entrega de libros realizarase na primeira semana de setembro.

Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración.


PARTICIPA

domingo, 7 de xuño de 2020

Horarios de atención

Mentres dure o período de inscrición (ata o 21 de xuño) o horario de antención das monitoras será de luns a venres de 9 a 14h. Tedes os datos de contacto no seguinte enlace.

venres, 5 de xuño de 2020

PREINSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020/2021


Estimadas familias:
Debido á situación orixinada pola ALERTA SANITARIA DO COVID-19 e a falta de instrucións sobre como se desenvolverá o curso, non podemos afirmar que o ano que vén se oferte o mesmo número de prazas que no curso anterior. Tamén é posible que as actividades programadas sufran cambios. Aínda así, cremos importante manter os prazos de reserva e a oferta do ano pasado para poder estimar a demanda, cando menos estimada, para a totalidade dos servizos que ofertamos.
Recordamos que a reserva é anual e os cambios poderán formularse de conformidade ao establecido nas Normas de funcionamento da ANPA.
Este ano queríamos empezar a ofertar as actividades a partir do mes de setembro, ao comezo do curso, pero na actualidade non podemos confirmar que vai poder ser así. En todo caso estaremos ao que dispoñan as autoridades sanitarias, as educativas e a dirección do centro.
·         A reserva de prazas será do 5 ao 21 de xuño.
·         O formulario de inscrición deberá enviarse por correo á coordinadora  (Lucía) coordinadoraactividadeslamas@gmail.com
·         Tedes como máximo ata o 3 de setembro, incluídos, para facer cambios respecto das reservas. Os cambios, unha vez pasadas estas datas estarán supeditados ao establecido nas normas da ANPA.
Recordamos que as prazas asignaranse por orde de solicitude, tendo preferencia os/as que desenvolveran a actividade no curso anterior.
Para ampliar a información podedes consultar o blog da ANPA ou pedir información por correo electrónico.
Sentimos non poder dar información certeira sobre os servizos ofertados pero estamos condicionados ao que establezan as autoridades competentes. Informaremos puntualmente de calquera cambio.



PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2020/2021


Estimadas familias:
Debido á situación orixinada pola ALERTA SANITARIA DO COVID-19 e a falta de instrucións sobre como se desenvolverá o curso, non podemos afirmar que o ano que vén se oferte o mesmo número de prazas que no curso anterior, 160 para educación primaria, e 50 para educación infantil. Aínda así, cremos importante manter os prazos de reserva para poder estimar a demanda, cando menos estimada, para a totalidade dos servizos que ofertamos.
Recordamos que a reserva é anual e os cambios poderán formularse de conformidade ao establecido nas Normas de funcionamento da ANPA.
Como en anos anteriores a reserva estará diferenciada entre o mes de setembro, onde non presta servizo o CIFP de Hostalería, e o resto do curso. Así:
·         A reserva de prazas será do 5 ao 21 de xuño.
·         O formulario de inscrición deberá enviarse por correo á coordinadora  (Mamen) coordinadoralamas@gmail.com
·         Tedes como máximo ata o 3 e 18 de setembro, incluídos, para facer cambios respecto das reservas do mes de setembro e do resto do curso, respectivamente. Os cambios, unha vez pasadas estas datas estarán supeditados ao establecido nas normas da ANPA.
Unha vez coñezamos en que condicións podemos ofertar o servizo, aplicaremos o BAREMO establecido.
É preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Para ampliar a información podedes consultar o blog da ANPA ou pedir información por correo electrónico.
Sentimos non poder dar información certeira sobre os servizos ofertados pero estamos condicionados ao que establezan as autoridades competentes. Informaremos puntualmente de calquera cambio.




PREINSCRICIÓN SERVIZO MADRUGA CURSO 2020/2021


Estimadas familias:
Debido á situación orixinada pola ALERTA SANITARIA DO COVID-19 e a falta de instrucións sobre como se desenvolverá o curso, non podemos afirmar que o ano que vén se oferte o mesmo número de prazas que no curso anterior, 65 prazas por día. Aínda así, cremos importante manter os prazos de reserva para poder estimar a demanda, cando menos estimada, para a totalidade dos servizos que ofertamos.
·         A reserva de prazas será do 5 ao 21 de xuño.
·         O formulario de inscrición deberá enviarse por correo á coordinadora  (Mamen) coordinadoralamas@gmail.com
·         Tedes como máximo ata o 3 e 18 de setembro, incluídos, para facer cambios respecto das reservas do mes de setembro e do resto do curso, respectivamente. Os cambios, unha vez pasadas estas datas estarán supeditados ao establecido nas normas da ANPA.
Para ampliar a información podedes consultar o blog da ANPA ou pedir información por correo electrónico.
É preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Sentimos non poder dar información certeira sobre os servizos ofertados pero estamos condicionados ao que establezan as autoridades competentes. Informaremos puntualmente de calquera cambio.

Pódese descargar o formulario aquí


mércores, 27 de maio de 2020

Cambio correo electrónico

Temos novo correo electrónico, a partir de agora as comunicaciones que se vos envíen dende a Anpa se enviarán dende o enderezo anpaceiplda@gmail.com. Tamén vos podedes poñer en contacto con nos nese mesmo enderezo.

sábado, 23 de maio de 2020

Fondo solidario de libros

O pasado martes 19 de Maio foi publicado no Doga a Orde onde se regula o fondo solidario de libros para o curso 2020/2021 como se pode ver no seguinte enlace.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200519/AnuncioG0534-120520-0003_gl.pdf

O prazo remata o 19 de xuño. 

Xuntamos un resumo feito pola Federación de Anpas para que vos sirva de axuda.


Lembrade tamén que coma todos os anos dende a Anpa poñeremos en marcha o banco de libros.


sábado, 25 de abril de 2020

Recursos para xestionar as saídas

Recibimos estes recursos para poder traballar cos nenos e nenas as normas que hai que cumplir para as saídas a partir do próximo 26 de Abril. Agardamos que vos sexan de axuda.






Pódese descargar o documento para imprimir nesta ligazón









Pódese descargar o documento para imprimir nesta ligazón

martes, 7 de abril de 2020

Devolución importe servizos

Estimadas familias.
Nos próximos días procederemos a devolver os pagos correspondentes a comedor, servizo madruga e actividades, correspondentes ao período transcorrido entre o 16 e o 31 de marzo.
Para consultar as cantidades a devolver tedes que enviar un correo a coordinadoralamas@gmail.com.
O proceso pode demorarse uns días, e é posible q teñamos q solicitarvos algún dato para efectuar as transferencias.
Por último queremos agradecer a vosa paciencia. Estamos á vosa disposición para o que precisedes e estea na nosa man.


Un saúdo. Ánimo e moitas grazas



venres, 3 de abril de 2020

Orientacións para organizar o traballlo


Estimadas familias, nestes momentos de confinamento pola pandemia COVID-19, momentos nos que as familias nos vemos na necesidade de dar resposta tamén ás necesidades académicas dos nosos fillos/as  en colaboración cos docentes; dende a directiva da ANPA Lamas de Abade queremos compartir con vós información de profesionais da área educativa, así como de outros organismos que vos sirvan de axuda para afrontar esta situación. Poñémos a vosa disposición neste blog unha  serie de orientacións e recomendacións coa intención de  que poidan axudar aos nosos fillos a continuar o estudo e traballo na casa.







xoves, 12 de marzo de 2020

Actividade Anpa venres 13/03/2020

As últimas noticias sobre o coronovirus indican que a partires do luns suspéndense as clases durante catorce días. Mañá venres 13 a asistencia é voluntaria.
O día de mañá os servizos ofrecidos pola Anpa terán normalidade pero se alguén decide non facer uso deles agradeceríase que avisara con antelación para xestionar mellor a situación. 

martes, 10 de marzo de 2020

Campamento Semana Santa


Está aberta a inscrición para o campamento de Semana Santa
Horario:
De 7:45 a 9:00 (servizo madruga: 1,9 €/día)
De 9:00 a 14:00 (actividades: 5,0 €/día)
De 14:00 a 16:00 (xantar: 5,5 €/día). Importante! Mínimo de 8 nenos/as por día para poder prestar o servizo. De non chegar a este mínimo as familias poderán traer a comida da casa, sen custo, pero só no caso de non acadarse o mínimo de 8 nenos/as por día.
• Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago (que tamén pode ser entregado por correo electrónico a coordinadoralamas@gmail.com
A data límite para anotarse é o 27 de marzo.
Número máximo de nenos e nenas: 70. A reserva ordenarase pola data de pagamento. No caso de anulación sobre a reserva pasado o 27 de marzo, obrigará á totalidade do pago sobre o reservado, aínda que o neno ou nena non asista ao campamento.
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00, no caso de que non se solicitara o servizo madruga. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00, salvo causa xustificada.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite, haberá que pagar unha penalización de 6 € que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.
No caso de non ingresalos, non poderá continuar asistindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.

Pódese descargar o formulario no seguinte enlace

venres, 31 de xaneiro de 2020

Material charla "Cando a conducta é un problema"

Tal e como indicamos na charla, deixamos a información aportada pola relatora, Begoña Castro, para que poides consultar.

Doc 1
Doc 2
Doc 3
Doc 4
Doc 5

mércores, 29 de xaneiro de 2020

Campamento de Entroido 2020

Está aberta a inscrición para o campamento de ENTROIDO
Horario:
De 7:45 a 9:00 (servizo madruga1,9 €/día)
De 9:00 a 14:00 (actividades5,0 €/día)
De 14:00 a 16:00 (xantar5,5 €/día). Importante! Mínimo de 8 nenos/as por día para poder prestar o servizo. De non chegar a este mínimo as familias poderán traer a comida da casa, sen custo, pero só no caso de non acadarse o mínimo de 8 nenos/as por día.
• Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
• Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago (que tamén pode ser entregado por correo electrónico a coordinadoralamas@gmail.com
A data límite para anotarse é o 14 de febreiro.
Número máximo de nenos e nenas: 70. A reserva ordenarase pola data de pagamento. No caso de anulación sobre a reserva pasado o 14 de febreiro, obrigará á totalidade do pago sobre o reservado, aínda que o neno ou nena non asista ao campamento.
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00, no caso de que non se solicitara o servizo madruga. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00, salvo causa xustificada.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite, haberá que pagar unha penalización de 6 € que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.
No caso de non ingresalos, non poderá continuar asistindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.


Pódese descargar o formulario no seguinte enlace

xoves, 23 de xaneiro de 2020

II Concurso fotografías pola igualdade 2020



Estas semanas estivo exposta na entrada da escola a Exposición itinerante do I Concurso de Fotografías pola Igualdade, que organizou a Federación de ANPAS de Compostela.
O obxectivo deste concurso é que o alumnado dos centros de primaria, secundaria e bacharelato plasmen nunha fotografía como ven a igualdade en calquera ámbito da vida e promover deste modo a reflexión.
Queremos recordarvos que o prazo para participar na nova edición do Concurso remata o 3 de febreiro do 2020.
Achegamos o díptico con toda a información sobre a forma de participar, os requisitos, e os premios.




sábado, 18 de xaneiro de 2020

Cambio de menú 20-21 Xaneiro

Nos indican da escola de hostalería que esta próxima semana se van intercambiar os menús do comedor de Primaria do luns 20 e do martes 21. Ademáis o solombo vaise sustituir por milanesa. O menú queda como sigue:

Luns 20
Primeiro prato: Lazos de pasta con tomate e queixo relado
Segundo prato: Filete de pavo á parrilla con verduras
Sobremesa: Tarta de foitas

Martes 21
Primeiro prato: Potaxe de garabanzos con espinacas
Segundo prato: Milanesa á prancha con patacas panadeira
Sobremesa: Piña en almibre

Tedes o menú actualizado no apartado Menu Comedores