xoves, 11 de xuño de 2020

Banco de libros 20-21


Estimadas familias:
Un ano máis a ANPA pon en marcha a finais de curso un BANCO DE LIBROS para poder usar no vindeiro curso 2020-2021.
Como sabedes, esta iniciativa consiste en entregar libros que sexan da vosa propiedade para que poidan ser empregados por outras rapazas e rapaces no seguinte curso. As familias que entreguen libros, terán dereito a recibir outros, sempre que os haxa. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto.
Para o próximo curso só poderán aproveitarse os libros de 4º e de 6º.
Recollida dos libros prestados no curso anterior: Do 16 ao 19 xuño; en horario de 9:00 a 13:30 horas.

·                    Todos os libros prestados durante o curso anterior deberán ser entregados xunto co formulario debidamente cumprimentado.
·                    Os libros serán depositados no espazo habilitado na parte de atrás do centro (patio cuberto) para que a coordinadora poida recollelos cumprindo coas medidas de distanciamento oportunas.
·                    Ninguén pode acceder ao interior do colexio.
·                    No caso de que haixa varias persoas para entregar os libros prestados neste curso, deberá gardarse a distancia de 2 m. de separación nas filas.

Comunicado e entrega de libros concedidos. Durante o mes de xullo as familias recibirán unha comunicación na que se indicará que libros do fondo lles corresponden para que poidan  mercar os que lles faltan. Debido as circustancias excepcionais coas se está pechando o presente curso escolar e ao periodo no que os libros deben permanecer en corentena, este ano a entrega de libros realizarase na primeira semana de setembro.

Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración.


PARTICIPA