Está aberta a inscrición para o campamento de ENTROIDO
Horario:
De 7:45 a 9:00 (servizo madruga: 1,9 €/día)
De 9:00 a 14:00 (actividades: 5,0 €/día)
De 14:00 a 16:00 (xantar: 5,5 €/día). Importante! Mínimo de 8 nenos/as por día para poder prestar o servizo. De non chegar a este mínimo as familias poderán traer a comida da casa, sen custo, pero só no caso de non acadarse o mínimo de 8 nenos/as por día.
• Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
• Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago (que tamén pode ser entregado por correo electrónico a coordinadoralamas@gmail.com
A data límite para anotarse é o 14 de febreiro.
Número máximo de nenos e nenas: 70. A reserva ordenarase pola data de pagamento. No caso de anulación sobre a reserva pasado o 14 de febreiro, obrigará á totalidade do pago sobre o reservado, aínda que o neno ou nena non asista ao campamento.
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00, no caso de que non se solicitara o servizo madruga. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00, salvo causa xustificada.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite, haberá que pagar unha penalización de 6 € que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.
No caso de non ingresalos, non poderá continuar asistindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.
Pódese descargar o formulario no seguinte enlace