Estimadas familias:
Debido á situación orixinada pola ALERTA SANITARIA DO COVID-19 e a falta
de instrucións sobre como se desenvolverá o curso, non podemos afirmar
que o ano que vén se oferte o mesmo número de prazas que no curso anterior, 160
para educación primaria, e 50 para educación infantil. Aínda así, cremos
importante manter os prazos de reserva para poder estimar a demanda, cando
menos estimada, para a totalidade dos servizos que ofertamos.
Recordamos que a reserva é anual e os
cambios poderán formularse de conformidade ao establecido nas Normas de
funcionamento da ANPA.
Como en anos anteriores a reserva estará
diferenciada entre o mes de setembro, onde non presta servizo o CIFP de
Hostalería, e o resto do curso. Así:
·
A reserva de prazas será do 5 ao 21 de xuño.
·
O formulario de inscrición deberá
enviarse por correo á coordinadora (Mamen)
coordinadoralamas@gmail.com
·
Tedes como máximo ata o 3 e 18 de setembro, incluídos, para
facer cambios respecto das reservas do mes de setembro e do resto do curso,
respectivamente. Os cambios, unha vez pasadas estas datas estarán supeditados
ao establecido nas normas da ANPA.
Unha vez coñezamos en que condicións
podemos ofertar o servizo, aplicaremos o BAREMO establecido.
É preciso informar á coordinadora sobre
calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Para ampliar a información podedes
consultar o blog da ANPA ou pedir información por correo electrónico.
Sentimos non poder dar
información certeira sobre os servizos ofertados pero estamos condicionados ao
que establezan as autoridades competentes. Informaremos puntualmente de
calquera cambio.