Estimadas familias, nestes momentos de confinamento pola pandemia COVID-19, momentos nos que as familias nos vemos na necesidade de dar resposta tamén ás necesidades académicas dos nosos fillos/as en colaboración cos docentes; dende a directiva da ANPA Lamas de Abade queremos compartir con vós información de profesionais da área educativa, así como de outros organismos que vos sirvan de axuda para afrontar esta situación. Poñémos a vosa disposición neste blog unha serie de orientacións e recomendacións coa intención de que poidan axudar aos nosos fillos a continuar o estudo e traballo na casa.