venres, 5 de xuño de 2020

PREINSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020/2021


Estimadas familias:
Debido á situación orixinada pola ALERTA SANITARIA DO COVID-19 e a falta de instrucións sobre como se desenvolverá o curso, non podemos afirmar que o ano que vén se oferte o mesmo número de prazas que no curso anterior. Tamén é posible que as actividades programadas sufran cambios. Aínda así, cremos importante manter os prazos de reserva e a oferta do ano pasado para poder estimar a demanda, cando menos estimada, para a totalidade dos servizos que ofertamos.
Recordamos que a reserva é anual e os cambios poderán formularse de conformidade ao establecido nas Normas de funcionamento da ANPA.
Este ano queríamos empezar a ofertar as actividades a partir do mes de setembro, ao comezo do curso, pero na actualidade non podemos confirmar que vai poder ser así. En todo caso estaremos ao que dispoñan as autoridades sanitarias, as educativas e a dirección do centro.
·         A reserva de prazas será do 5 ao 21 de xuño.
·         O formulario de inscrición deberá enviarse por correo á coordinadora  (Lucía) coordinadoraactividadeslamas@gmail.com
·         Tedes como máximo ata o 3 de setembro, incluídos, para facer cambios respecto das reservas. Os cambios, unha vez pasadas estas datas estarán supeditados ao establecido nas normas da ANPA.
Recordamos que as prazas asignaranse por orde de solicitude, tendo preferencia os/as que desenvolveran a actividade no curso anterior.
Para ampliar a información podedes consultar o blog da ANPA ou pedir información por correo electrónico.
Sentimos non poder dar información certeira sobre os servizos ofertados pero estamos condicionados ao que establezan as autoridades competentes. Informaremos puntualmente de calquera cambio.