xoves, 16 de outubro de 2014

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DAS BOLSAS COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2014

Resolución definitiva das bolsas comedor escolar para o curso 2014/2015

Resolución definitiva da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para o alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2014/2015 (BOP núm. 122, do 30/06/2014).

martes, 7 de outubro de 2014

CONCENTRACIÓN DO 8 DE OUTUBRO EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO


Se queredes o cartel para imprimilo, podedes descargalo neste enlace.

xoves, 18 de setembro de 2014

COMUNICADO Nº1


PERSOAS AUTORIZADAS PARA A RECOLLIDA DOS NENOS


Por motivos de seguridade nos deixamos ir ós nenos con calqueira que os veña a recoller. Tanto para á saída do comedor coma das actividades, debedes especificar a tóda-las persoas que autoricedes a recoller os vosos fillos ó longo do curso (avós, tíos, pais doutros nenos...). Descargade neste enlace o impreso e entregádeo a tempo.

xoves, 11 de setembro de 2014

CUOTAS E HORARIOS 2014-2015

*Para poder disfrutar dos servicios que ofrece a ANPA é obrigatorio pagar previamente a cuota de socio da ANPA, que son 27€ neste curso 2014-2015.


*Tamén é obrigatorio o pago dun seguro para poder asistir a calquera destas actividades da ANPA. O custo é de 5€ e o seu pago efectuaráse no mes de Xaneiro.


Actividades extraescolares
16:30 a 18:30
Consultar táboa de actividades
*Podedes descargar o impreso de solicitude de
actividades neste enlace

Campamentos de vacacións
9:00 a 16:00
4€ sen comida/ 8€ con comida

Comedor Servicio catering
nos meses de Xuño e Setembro
Ata as 16:00--- 6 €/día

Madrugadores
de 7:30 a 9:00 ------------------ 1,70 €/día
de 9:00 a 14:00-----------------  4,00€/día
de 9:00 a 16:00, con comida----  8,00€/día
*Os nenos que va ian almorzar deberán estar no centro antes das 8:30 para que lles de tempo
*Tamén dispoñedes de servizo de madrugadores en período vacacional.
*Podedes descargar o impreso de solicitude para todo o ano neste enlace.

Comedor Hostelería
5,30 €/día
*Recordamos ós páis que non poden acceder ó centro nin á escola de hostelería.
*Os nenos recóllense no patio cuberto a partir das 15:30 e ata as 16:30 (agás os venres, de 15:30 a 16:00)
*Podedes descargar o impreso de solicitude para todo o ano neste enlace.

DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta que a educación inicial é cada vez máis determinante, é necesario establecer as condicións que permitan cambios metodolóxicos que fagan posible acadar os obxectivos propostos. En consecuencia, o establecemento de medidas para actuar sobre o currículo son imprescindibles para a mellora. A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, modificou o artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para definir o currículo como a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas. O currículo está integrado polos obxectivos da etapa educativa; as competencias, ou capacidades para activar e aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza ou cada etapa educativa, para lograr a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos; os contidos, ou conxuntos de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa e á adquisición de competencias; a metodoloxía didáctica, que comprende tanto a descrición das prácticas docentes coma a organización do traballo do persoal docente; os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables, e os criterios de avaliación do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa. Os contidos ordénanse en disciplinas, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas e módulos en función das ensinanzas, as etapas educativas ou os programas en que participe o alumnado. [...]

Son centos de páxinas, pero non hai que asustarse. O que podemos ler todos, e case diría que deberiamos ler, é o articulado. e a útlima páxina, a distribución horaria.

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140909/AnuncioG0164-050914-0005_gl.html


NORMAS DA ANPA

1. ACTIVIDADES EXTRESCOLARES. Para darse de baixa, 1 mes antes e nunca no mesmo trimestre xa que se pagan trimestralmente.

2. CAMPAMENTOS DE VACACIÓNS: Unha vez feito o pago, non se devolven os cartos.

3. MADRUGADORES: Comunicará a semana anterior para darse de baixa.
Para darlles tempo a almorzar, os nenos/as deberán chegar antes das 8:40.

4. HORARIOS: A ANPA só se fai responsable ata a hora establecida de recollida dos nenos; de non cumplirse, tomaranse medidas.

5. COMEDOR:

- A INSCRIPCIÓN FARASE ANTES DO 20 DO MES ANTERIOR. NON SE ADMITIRÁN MENIÑOS DESPOIS DESTA DATA. PÓDESE CUBRIR UN ÚNICO PAPEL ANUAL, CANDO SEXAN USUARIOS DE COMEDOR DE SEGUIDO.
- Non haberá devolucións nin se descontará ningunha comida; todolos cambios faranse antes do 20 do mes anterior Cobraránse todalas comidas veñan ou non.
- Se algún neno ten problemas alérxicos, tanto alimenticios coma de outro tipo, deberase comunicar na folla de solicitud do comedor.
- Cando sexan enfermedades puntuais ( gastrointeritis…) se poderá solicitar unha dieta o mesmo día antes das 10:00 chamando a coordinadora do comedor.
- Os nenos traerán un cepillo e pasta de dentes consigo todolos días.
- Haberá que traer un chuvasqueiro debidamente marcado co nome e curso.Os nenos de educación infantil poderán traer unha muda completa co seu nome e curso por si fora necesario por calquer motivo.

mércores, 10 de setembro de 2014

CADRO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2014-2015



Éste é o cadro das actividades escolares para este novo curso 2014-2015. Como vedes, temos novas propostas moi interesantes. Podedes descargar para imprimir o cadro neste enlace.

A ficha para a solicitude das actividades tédelas neste enlace.

CARTA DE PRESENTACIÓN DO CURSO 2014-2015

ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS DE ABADE (anpaceiplda@yahoo.es)

NOVO CURSO 2014 – 2015

Ola amigos e amigas:
Comenzamos un novo curso e queremos poñervos ó día. Estes son os servizos que ofreceremos:
  • actividades extraescolares, desde as 16:30 ata as 18:30
  • campamentos de vacacións, desde as 7:45 a 9:00 servizo de madrugadores, de 9:00 a 14:00 sen comida e de 9:00 a 16:00 co servizo de comedor.
  • Comedor desde o remate das clases ata as 16:30 de luns a xoves e ata as 16:00 os venres
  • madrugadores, dende as 7:30 ata a entrada ao colexio
O comedor funciona desde o 10 de Setembro con catering  ata as 16:00.
A partir de Outubro, os nen@s comerán na Escola de Hostelería.
Queremos recordarvos unhas normas básicas da ANPA:
  • COMEDOR: deberase entregar a solicitude antes do 20 do mes anterior, senón, non serán admitidos. Aqueles nenos que veñan sempre, poderán cubrir un único papel anual. Non se devolverán importes unha vez contratadas as comidas.
  • ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: As actividades extraescolares comezan o 1 de outubro e rematan co fin de curso. Todas as actividades da ANPA serán aboadas anticipadamente, entre o día 1 e 10 de cada mes. (O pago das actividades é trimestral). Para inscribirse nas actividades da ANPA e preciso ser socio e ter feita a inscrición antes do 22 de Setembro. Todos @s nen@s deberán, ter suscrita a poliza de seguros, para poder asistir a os servizos ofertados pola ANPA. Para darse de baixa avisar un mes antes, e nunca no mesmo trimestre.
  • CAMPAMENTOS DE VACACIÓNS: Non se devolverán os importes pagados, non sendo a comida se se avisa o día anterior. Debedes apuntarvos na lista do taboleiro e PAGAR NO BANCO, entregando o xustificante de pago á responsable antes da data indicada.
  • MADRUGADORES: Non se devolverán os importes pagados, non sendo se se avisa unha semana antes.
  • As responsables destes servizos son: COORDINADORA de comedor,  madrugadores e campamento:MAMEN 662382294 de  7:30 a 10:00 e de 13:00 a 18:30; INMA  662382216 de 13:00 a 18:30, actividades extraescolares.
  • Aquelas persoas que non teñan os seus pagos o día, non serán admitidas o mes seguinte.
  • Os nen@s que se queden ó comedor serán recollidos a partir das 15:30 , no patio interior cuberto do colexio, onde haberá unha monitora para atender a recollida dos nen@s, a cal deben dirixirse.
-          PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN, NON SE PERMITIRÁ O ACCESO D@S PAIS/NAIS, AO INTERIOR DO COLEXIO, NEN A ESCOLA DE HOSTELERIA.
-          Para que ós meniños lles de tempo de almorzar, deben estar en madrugadores ANTES DAS 8:30, pois despois desa hora non da tempo de tomar o almorzo.
-          SE NON SON OS PAIS OS QUE RECOLLEN @S NEN@S  HABERÁ QUE CUBRIR UNHA AUTORIZACIÓN.
-          Facemos unha vez máis fincapé na importancia que ten a vosa colaboración, é preciso a axuda de tod@s.
-          O HORARIO DE RECOLLIDA DOS NENOS/AS OS VENRES É ÁS 16:00, HORA DO PECHE DO COLEXIO. A Anpa non se responsabiliza a partir desta hora.
-   RECÓLLENSE TODOS OS IMPRESOS (CUOTA ANPA,COMEDOR , MADRUGADORES , ACTIVIDADES E AUTORIZACIÓNS) EN CONSERXERÍA ou pedindollo as coordinadoras .A data límite de entrega será  DÍA 19 DE SETEMBRO.

DEBEDES RESPECTAR OS HORARIOS DE SAÍDA DOS MENIÑOS, a nosa responsabilidade é ata o horario marcado. Non se poden recoller @s nen@s no medio das actividades, haberá que esperalos á saída do centro.
Contades con máis información no taboleiro da ANPA (na entrada do cole e no comedor)
A directiva da ANPA espera a vosa sincera colaboración .


                             

                                                                                                    Un saúdo

SOLICITUDE DAS INSTALACIÓNS ESCOLARES DURANTE O CURSO ESCOLAR E VACACIÓNS

ANPA DO CEIP DE LAMAS DE ABADE

ASUNTO: SOLICITUDE DAS INSTALACIÓNS ESCOLARES DURANTE O CURSO ESCOLAR E VACACIÓNS

Un ano máis esta asociación pon en marcha servizos de atención ós nenos/as deste centro atendendo a unha progresiva necesidade da compatibilización da vida laboral e familiar. Tal y como fixéramos o curso anterior, faranse campamentos/escolas de vacacións , comedor e madrugadores.

O servizo de madrugadores será dende as 7:30 ata as 9:00.
O comedor será dende as 14:00, hora de remate das clases, ata as 16:30, a excepción dos venres que rematará as 16:00h.
As actividades extraescolares serán dende as 16:30 ata as 18:30.
Durante as escolas de vacacións, que serán NADAL, ENTROIDO, SEMANA SANTA E VERÁN ,atenderanse os nenos e nenas do colexio dende as 7:45 ás 16:00, incluíndose  o servizo de madrugadores e o xantar, cubrindo o mesmo período que os días de escola. Durante o campamento de Verán, realizarase unha actividade en horario nocturno, que consiste en ter actividades lúdicas e quedar a dormir no cole, para pasar unha ” noitemeiga” .
Como esta iniciativa xa fora solicitada e concedida para o curso anterior 2013-2014, reiteramos:

SOLICITAMOS:
O USO DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO CEIP LAMAS DE ABADE NESTE CURSO 2014-2015 ENTRE AS 7:45 A 16:30 EN PERÍODOS VACACIONAIS, DENDE AS 7:30 E AS 9:00 PARA O SERVICIO DE MADRUGADORES, DÁS 14:00 ÁS 16:30 HORAS PARA O COMEDOR E DENDE AS 16:30 ATA AS 18:30 DE LUNS A XOVES. PARA TAL FIN COMPRE A APERTURA DAS PORTAS DE ENTRADA Ó RECINTO DO COMEDOR E DO SALÓN DE ACTOS.



Santiago de Compostela, a 10 de setembro de 2014.

Asdo: Presidente da ANPA

Antón Barros Torres.

sábado, 2 de agosto de 2014

ABERTO O PRAZO PARA EMENDAR AS SOLICITUDES DE BOLSAS DE COMEDOR

Relación de persoas solicitantes de bolsas de comedor que deben emendar a súa documentación, para que no prazo de 10 de hábiles, contados dende o 29 de xullo ao 8 de agosto de 2014, acheguen os documentos requiridos.



xoves, 3 de xullo de 2014

BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR 2014/2015


A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de xuño de 2014, adoptou o seguinte acordo: a aprobación das bases reguladoras e convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar curso 2014/15

O obxecto da presente convocatoria é regular o procedemento para a concesión de bolsas de comedor ás familias do alumnado dos centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello de Santiago, para o curso 2014/2015 , de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

As solicitudes presentaranse, no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Toda a información sobre os requisitos para solicita-la bolsa e tamén o impreso podedes descargalos no enlace de abaixo.

CALENDARIO DO CURSO ESCOLAR 2014-2015


O vindeiro día 10 de setembro comenzará o curso escolar, que durará ata o día 19 de xuño (ambolos dous incluídos).  Hoxe publicouse no DOGA o calendario escolar, que podedes consultar neste enlace ou descargalo nestoutro.

mércores, 18 de xuño de 2014

NADA E CORRE, DEPORTE ESCOLAR

¿Quen somos?
 O Club Tríatlon Arcade Inforhouse naceu no ano 1997 co obxectivo de promocionar o noso deporte na comarca de Santiago E participar en competicións tanto a nivel galego como a nivel internacional.
 A Escola de Tríatlon foi creada no ano 2003, actualmente conta con aproximadamente 50 deportistas entre 8 e os 16 anos con diferentes grupos de adestramento divididos por idades.
*Obxectivos da actividade
 O club tríatlon Arcade Inforhouse gustaríalle ofrecer ao alumnado do colexio, unha nova actividade denominada “Nada – Corre”, esta actividade consiste na práctica da natación e do atletismo cun obxectivo lúdico, no cal os rapaces teñan unha toma de contacto co noso deporte a través de xogos e actividades variadas. A filosofía deste grupo de adestramento e que os/as nenos/as disfruten realizando a práctica deportiva como elemento integrador, socializador e saudable, sendo a competición un elemento secundario e voluntario.
*Contidos
 A actividade constará de 2 días de adestramento semanal, facendo un día de natación e outro día de atletismo.
 As sesións de natación faranse na piscina de Sar e a carreira no estadio de San Lázaro, dispoñendo alí dun local cuberto para os días que a climatoloxía non sexa a adecuada.
*A previsión de horarios da actividade son:
 Carreira: Mércores 18:00 a 19:00 Natación:
 Luns ou Mércores 18:00 a 19:00
 Ademais, ocasionalmente, realizaranse sesións voluntarias de dominio da bicicleta non sendo obrigatorio saber andar nela. 

Podedes descargar o noso folleto con toda a información neste enlace.

CAMPAMENTO DE VERÁN CON SERVIZO DE MADRUGADORES

Por acordo da asemblea de socios celebrada o luns 16 de xuño de 2014, amplíase o horario do campamento de verán dos meses de xuño, xullo e setembro.
Inclúese o servizo de madrugadores en horario de 7:45 a 9:00.
Todos aqueles usuarios que queiran usar este horario deben abonar a maiores 1,70 euros por nen@/día.
Os nen@s que non fagan uso do servizo de madrugadores, entrarán no campamento das 9:00 en diante.

Un saúdo.

BANCO DE LIBROS (COMUNICADO)

Estimadas familias:
A ANPA quere poñer en marcha a finais deste curso un “BANCO DE LIBROS”,para poder usar no vindeiro curso 2014-2015. Esta iniciativa consiste en que se poden entregar os libros utilizados  deste curso polos  vosos fillos e fillas e, a  cambio, pódense recibir  libros do próximo curso.
Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas:
O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice.
Ás persoas que entreguen os libros, terán dereito a recibir outros.Tratase de facer un reparto equitativo e xusto para todolos solicitantes
As persoas encargadas de recollelos  comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, etc).  Cando remate o prazo de entrega os libros recibidos de cada curso se repartirán entre as persoas que entregaran os do curso anterior. Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo estado ( ou repoñerse polo usuario ) ao final do próximo curso.
Os libros que poden formar parte do banco son:
PARA O PRÓXIMO CURSO SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO CURSO ACTUAL. NON HAI LIBROS NOVOS POLA APLICACIÓN DA LOMCE.
Para os cursos  de 1º, 2º (só lectura de lingua castelá e galega  e libro de ingles),para 3º,4º, 5º e 6º, tódolos libros
IMPORTANTE:Para os que entreguen os libros de 6º e vaian estudar en Pontepedriña, organizarase a entrega de libros de 1º da ESO, en coordinación coa ANPA de Pontepedriña, da mesma maneira, repartiranse os libros entregados entre as persoas que deixaran os libros de 6º no seu colexio.
Datas de recollida de libros:
Dende o luns 23 de xuño e ata o xoves 26 de xuño ; en horario de 14:00 a 16:00.
Preparacion de lotes o Venres 27 de Xuño, (para este dia pidese a colaboracion dos socios para levalo a cabo) a partir das 14:00 horas
Datas de entrega de libros:
Martes 1 de xullo e Mercores 2 de xullo, en horario de 14:00 a 16:00
Unha vez máis, damos as grazas a todos pola vosa colaboracion, entre todos pódese conseguir.

PARTICIPA


O impreso para a doazón ou a solicitude de libros podédelos descargar neste enlace.

ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

O Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras pretende, entre outros obxectivos, desenvolver unha serie de accións de formación en linguas estranxeiras conducentes a mellorar a competencia nelas por parte do alumnado.
Máis concretamente, intenta que ao remate da súa educación e formación escolar mellore a competencia lingüística nunha lingua estranxeira, basicamente en inglés, de xeito que lle permita ser unha persoa independente nela.
Por este motivo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizará unha serie de actividades de formación que se desenvolverán durante o curso escolar, en un centro situado en Galicia, en réxime de internado, onde se estimulará a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o ámbito escolar con apoio de profesorado nativo en lingua inglesa.
Estas actividades consisten en estadías dunha semana de duración, organizadas en cinco quendas que se celebrarán entre os meses de novembro e decembro de 2014.
O programa das actividades procurará, por unha banda, a inmersión en lingua inglesa do alumnado, de forma que lle permita desenvolver nun contorno real a súa comunicación, e, por outra, complementar esta formación con actividades de carácter cultural.

Podedes acceder á información completa do DOGA cos impresos de inscripción neste enlace.

xoves, 12 de xuño de 2014

PROGRAMA DE INICIACIÓN MUSICAL


Unha das propostas de actividades para os nosos nenos de cara ó curso que ven é de música, dende unha perspectiva amena cunha metodoloxía innovadora. Se queredes informarvos máis, podedes descargar o programa dende este enlace.

venres, 11 de abril de 2014

O NEGOCIO QUE ESCONDE A CONTRARREFORMA EDUCATIVA

A CEAPA (Confederación Española de ANPAS) que representa á casi totalidade las ANPAS de España, ven de publicar na súa revista un artigo relativo á LOMCE que vos convidamos a ler polo interese das familias.

Pulsade AQUÍ para podelo ler online.

mércores, 26 de marzo de 2014

XORNADAS XOSÉ CALVIÑO. A IMPLANTACIÓN DA LOMCE

XORNADAS XOSÉ CALVIÑO
A IMPLANTACIÓN DA LOMCE

1ª XORNADA: 1 de Abril. Aula Magna do Instituto A. Xelmírez I.
INAUGURACIÓN. ás 18.00 h.
 Inauguración das Xornadas, porÁnxelCurrás Fernández, Alcalde de Santiago.
 Conferencia: A figura de Xosé Calviño, por Eva Garea Traba, profesora de Filosofía
 Conferencia: A implantación da LOMCE en Galicia, por Representante da
Consellaría de Cultura, Educación e O.U.

2ª XORNADA: 2 de Abril. Aula Magna do InstitutoA. Xelmírez I.
OS CAMBIOS QUE TRAERÁ A LOMCE (Mesas redondas) A partir das 18.00 h.
 A reforma educativa vista desde o prisma dos profesionais do ensino
(representantes sindicais).
o Julio Díaz Escolante, Presidente de ANPE en Galicia,
o Verísimo Pazos, Secretario de Acción Sindical do EP de CCOO,
o Anxo Louzao, Secretario Xeral da CIG-Ensino,
o Marília Oliveira, en representación da CSIF.
o Xosé Cabido Pérez, da Permanente do Secretariado Nacional do STEG,
o Raúl Gómez Farto, Secretario Xeral de FETE-UXT,
 Moderador: LaureanoAraujoCardalda, profesor do IES Xelmírez I
 A reforma educativa vista desde a sociedade (representantes de Federacións de
ANPAS e organizacións estudantís).
o Helena Gómez Vecino, presidenta daCONFAPA-GALICIA,
o Javier Sánchez, presidente da Confederación de ANPAsGalegas.
o Alexandro Gesto Louro, da Asociación Estudiantil Galega de Esquerdas.
o Carlos García Vieito, dos Comités Abertos de Facultade
o Raquel Vázquez Blanco, da Liga Estudantil Galega.
o Mónica Suárez Enjo, do Sindicato de Estudantes.
 Moderadora: María Xosé Barcia, presidenta da ANPA do IES
Arcebispo Xelmírez I

3ª XORNADA: 3 de Abril. Aula Magna do InstitutoA. Xelmírez I. A partir das 18.00 h.
CLAUSURA.
 Conferencia: Autonomía e educación: Galicia como tarefa, por Xosé Luís Barreiro Rivas.
 Acto de Clausura, por María Castelao Torres, Concelleira de Educación.