ANPA E CLUBE DEPORTIVO DO CEIP LAMAS
DE ABADE (anpaceiplda@yahoo.es)
NOVO CURSO 2014 – 2015
Ola amigos e
amigas:
Comenzamos
un novo curso e queremos poñervos ó día. Estes son os servizos que ofreceremos:
- actividades extraescolares, desde as 16:30 ata as
18:30
- campamentos de vacacións, desde as 7:45 a 9:00
servizo de madrugadores, de 9:00 a 14:00 sen comida e de 9:00 a 16:00 co
servizo de comedor.
- Comedor desde o remate das clases ata as 16:30 de
luns a xoves e ata as 16:00 os venres
- madrugadores, dende as 7:30 ata a entrada ao
colexio
O comedor
funciona desde o 10 de Setembro con catering ata as 16:00.
A partir de
Outubro, os nen@s comerán na Escola de Hostelería.
Queremos
recordarvos unhas normas básicas da ANPA:
- COMEDOR:
deberase entregar a solicitude antes do 20 do mes anterior, senón, non
serán admitidos. Aqueles nenos que veñan sempre, poderán cubrir un único
papel anual. Non se devolverán
importes unha vez contratadas as comidas.
- ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES: As actividades extraescolares comezan o 1 de
outubro e rematan co fin de curso. Todas as actividades da ANPA serán
aboadas anticipadamente, entre o día 1 e 10 de cada mes. (O pago das
actividades é trimestral). Para inscribirse nas actividades da ANPA e
preciso ser socio e ter feita a inscrición antes do 22 de Setembro. Todos @s nen@s deberán, ter suscrita a poliza
de seguros, para poder asistir a os servizos ofertados pola ANPA. Para
darse de baixa avisar un mes antes, e nunca no mesmo trimestre.
- CAMPAMENTOS
DE VACACIÓNS: Non se devolverán os importes pagados, non sendo
a comida se se avisa o día anterior. Debedes apuntarvos na lista do
taboleiro e PAGAR NO BANCO, entregando o xustificante de pago á
responsable antes da data indicada.
- MADRUGADORES: Non se
devolverán os importes pagados, non sendo se se avisa unha semana antes.
- As responsables destes servizos son: COORDINADORA
de comedor, madrugadores e
campamento:MAMEN 662382294 de 7:30
a 10:00 e de 13:00 a 18:30; INMA
662382216 de 13:00 a 18:30, actividades extraescolares.
- Aquelas persoas que non teñan os seus pagos o día,
non serán admitidas o mes seguinte.
- Os nen@s que se
queden ó comedor serán recollidos a partir das 15:30 , no patio interior cuberto do colexio, onde haberá
unha monitora para atender a recollida dos nen@s, a cal deben dirixirse.
-
PARA UNHA MELLOR ORGANIZACIÓN,
NON SE PERMITIRÁ O ACCESO D@S PAIS/NAIS, AO INTERIOR DO COLEXIO, NEN A ESCOLA
DE HOSTELERIA.
-
Para que ós meniños lles de
tempo de almorzar, deben estar en madrugadores ANTES DAS 8:30, pois despois
desa hora non da tempo de tomar o almorzo.
-
SE NON SON OS PAIS OS QUE
RECOLLEN @S NEN@S HABERÁ QUE CUBRIR UNHA
AUTORIZACIÓN.
-
Facemos unha vez máis fincapé na
importancia que ten a vosa colaboración, é preciso a axuda de tod@s.
-
O HORARIO DE RECOLLIDA DOS
NENOS/AS OS VENRES É ÁS 16:00, HORA DO PECHE DO COLEXIO. A Anpa non se responsabiliza a
partir desta hora.
-
RECÓLLENSE TODOS OS IMPRESOS (CUOTA ANPA,COMEDOR , MADRUGADORES ,
ACTIVIDADES E AUTORIZACIÓNS) EN CONSERXERÍA ou pedindollo as coordinadoras .A data
límite de entrega será DÍA 19 DE SETEMBRO.
DEBEDES RESPECTAR OS HORARIOS DE SAÍDA DOS MENIÑOS, a
nosa responsabilidade é ata o horario marcado. Non se poden recoller @s nen@s no medio das actividades, haberá
que esperalos á saída do centro.
Contades con
máis información no taboleiro da ANPA (na entrada do cole e no comedor)
A directiva
da ANPA espera a vosa sincera colaboración .
Un saúdo