Estimadas familias:
A ANPA quere poñer en marcha a finais deste
curso un “BANCO DE LIBROS”,para poder usar no vindeiro curso 2014-2015. Esta
iniciativa consiste en que se poden entregar os libros utilizados deste curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir libros do próximo curso.
Como podedes imaxinar, organizar isto non é un
proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas
interesadas:
O máis importante é pensar que podemos
entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os
utilice.
Ás persoas que entreguen os libros, terán
dereito a recibir outros.Tratase de facer un reparto equitativo e xusto para
todolos solicitantes
As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo
estado (enteiros e limpos: borrados, etc). Cando remate o prazo de entrega os libros
recibidos de cada curso se repartirán entre as persoas que entregaran os do
curso anterior. Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo estado ( ou
repoñerse polo usuario ) ao final do próximo curso.
Os libros que poden formar parte do banco son:
PARA O PRÓXIMO CURSO SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO CURSO
ACTUAL. NON HAI LIBROS NOVOS POLA APLICACIÓN DA LOMCE.
Para os cursos de 1º, 2º (só lectura de lingua castelá e
galega e libro de ingles),para 3º,4º, 5º
e 6º, tódolos libros
IMPORTANTE:Para os que entreguen os libros de 6º e vaian estudar en Pontepedriña,
organizarase a entrega de libros de 1º da ESO, en coordinación coa ANPA de
Pontepedriña, da mesma maneira, repartiranse os libros entregados entre as
persoas que deixaran os libros de 6º no seu colexio.
Datas de recollida de libros:
Dende o luns 23 de xuño e ata o xoves 26 de
xuño ; en horario de 14:00 a 16:00.
Preparacion de lotes o Venres 27 de Xuño,
(para este dia pidese a colaboracion dos socios para levalo a cabo) a partir
das 14:00 horas
Datas de entrega de libros:
Martes 1 de xullo e Mercores 2 de xullo, en
horario de 14:00 a 16:00
Unha vez máis, damos as grazas a todos pola
vosa colaboracion, entre todos pódese conseguir.