Tendo en conta que a educación inicial é cada vez máis determinante, é necesario establecer as condicións que permitan cambios metodolóxicos que fagan posible acadar os obxectivos propostos. En consecuencia, o establecemento de medidas para actuar sobre o currículo son imprescindibles para a mellora. A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, modificou o artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para definir o currículo como a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe para cada unha das ensinanzas. O currículo está integrado polos obxectivos da etapa educativa; as competencias, ou capacidades para activar e aplicar de forma integrada os contidos propios de cada ensinanza ou cada etapa educativa, para lograr a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos; os contidos, ou conxuntos de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa e á adquisición de competencias; a metodoloxía didáctica, que comprende tanto a descrición das prácticas docentes coma a organización do traballo do persoal docente; os estándares e resultados de aprendizaxe avaliables, e os criterios de avaliación do grao de adquisición das competencias e do logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa. Os contidos ordénanse en disciplinas, que se clasifican en materias, ámbitos, áreas e módulos en función das ensinanzas, as etapas educativas ou os programas en que participe o alumnado. [...]
Son centos de páxinas, pero non hai que asustarse. O que podemos ler todos, e case diría que deberiamos ler, é o articulado. e a útlima páxina, a distribución horaria.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140909/AnuncioG0164-050914-0005_gl.html