mércores, 18 de xuño de 2014

ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

O Plan galego de potenciación das linguas estranxeiras pretende, entre outros obxectivos, desenvolver unha serie de accións de formación en linguas estranxeiras conducentes a mellorar a competencia nelas por parte do alumnado.
Máis concretamente, intenta que ao remate da súa educación e formación escolar mellore a competencia lingüística nunha lingua estranxeira, basicamente en inglés, de xeito que lle permita ser unha persoa independente nela.
Por este motivo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizará unha serie de actividades de formación que se desenvolverán durante o curso escolar, en un centro situado en Galicia, en réxime de internado, onde se estimulará a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o ámbito escolar con apoio de profesorado nativo en lingua inglesa.
Estas actividades consisten en estadías dunha semana de duración, organizadas en cinco quendas que se celebrarán entre os meses de novembro e decembro de 2014.
O programa das actividades procurará, por unha banda, a inmersión en lingua inglesa do alumnado, de forma que lle permita desenvolver nun contorno real a súa comunicación, e, por outra, complementar esta formación con actividades de carácter cultural.

Podedes acceder á información completa do DOGA cos impresos de inscripción neste enlace.