mércores, 10 de setembro de 2014

SOLICITUDE DAS INSTALACIÓNS ESCOLARES DURANTE O CURSO ESCOLAR E VACACIÓNS

ANPA DO CEIP DE LAMAS DE ABADE

ASUNTO: SOLICITUDE DAS INSTALACIÓNS ESCOLARES DURANTE O CURSO ESCOLAR E VACACIÓNS

Un ano máis esta asociación pon en marcha servizos de atención ós nenos/as deste centro atendendo a unha progresiva necesidade da compatibilización da vida laboral e familiar. Tal y como fixéramos o curso anterior, faranse campamentos/escolas de vacacións , comedor e madrugadores.

O servizo de madrugadores será dende as 7:30 ata as 9:00.
O comedor será dende as 14:00, hora de remate das clases, ata as 16:30, a excepción dos venres que rematará as 16:00h.
As actividades extraescolares serán dende as 16:30 ata as 18:30.
Durante as escolas de vacacións, que serán NADAL, ENTROIDO, SEMANA SANTA E VERÁN ,atenderanse os nenos e nenas do colexio dende as 7:45 ás 16:00, incluíndose  o servizo de madrugadores e o xantar, cubrindo o mesmo período que os días de escola. Durante o campamento de Verán, realizarase unha actividade en horario nocturno, que consiste en ter actividades lúdicas e quedar a dormir no cole, para pasar unha ” noitemeiga” .
Como esta iniciativa xa fora solicitada e concedida para o curso anterior 2013-2014, reiteramos:

SOLICITAMOS:
O USO DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO CEIP LAMAS DE ABADE NESTE CURSO 2014-2015 ENTRE AS 7:45 A 16:30 EN PERÍODOS VACACIONAIS, DENDE AS 7:30 E AS 9:00 PARA O SERVICIO DE MADRUGADORES, DÁS 14:00 ÁS 16:30 HORAS PARA O COMEDOR E DENDE AS 16:30 ATA AS 18:30 DE LUNS A XOVES. PARA TAL FIN COMPRE A APERTURA DAS PORTAS DE ENTRADA Ó RECINTO DO COMEDOR E DO SALÓN DE ACTOS.



Santiago de Compostela, a 10 de setembro de 2014.

Asdo: Presidente da ANPA

Antón Barros Torres.