A ANPA do CEIP Lamas de Abade ANTE A FALTA DE RESPOSTA DA ADMINISTRACIÓN CONTINÚA CAS MOVILIZACIÓNS PREVISTAS CONVOCANDO:
Unha rolda de prensa o Martes 22 as 18:30 no CEIP Lamas de Abade, onde informaremos dos apoios recibidos e das futuras movilizacións.
Agradecendo de anteman a vosa presenza despedímonos cunha aperta.Anpa Ceip Lamas de Abade
A ANPA DO CEIP LAMAS DE ABADE ANTE A FALTA DE RESPOSTA DA ADMINISTRACIÓN CONTINÚA CAS MOVILIZACIÓNS PREVISTAS
CONVOCAMOS UNHA CONCENTRACIÓN NO CENTRO O MARTES 22 AS 18:00 H
As familias afectadas e os representantes da ANPA, (tralos multiples apoios, tanto individuais como colectivos) queremos manifestar o seguinte:
Consideramos inaceptable a actitude e prepotente e autoritaria de distintos representantes da administración educativa, por non atender a nosa xusta petición e no seu momento ameazarnos con reducir aínda máis a oferta de prazas escolares en cursos vindeiros. Esa é a única resposta que recibimos ata día de hoxe.
A normativa vixente permite a autorización de seis aulas de infantil con ratios de 20 alumnos, o que permitiría admitir todas as solicitudes para infantil que tiveron que ser denegadas e dar preferencia de admisión en 1º de primaria aos centros adscritos.
Non aceptar a petición de seis unidades, ou peor, reducir a oferta a tan só tres, deixaría fora a nenos e nenas que xa teñen irmáns escolarizados no centro e non garantiría a libre elección de centros na rede pública polas familias da zona, que como todos deben saber, está en clara expansión demográfica.
Non aceptar a petición de seis unidades supón empeorar a calidade do ensino e non garantir una adecuadada atención aos menores (ratios elevadas, nenos de distintas idades mesturados, aulas sen baños, carencia de profesorado de apoio especialista en educación infantil…).
Non aceptamos a escusa que pon a Administración para non conceder a dobre liña (a reserva de prazas para os centros de infantil adscritos), por non ser razonable.
A ANPA do CEIP Lamas de Abade e o Consello Escolar do centro aínda están á espera da contestación ao escrito de demanda da dobre liña de educación infantil (6 aulas en total) cursada o pasado 25 de maio. Na asemblea celebrada o pasado 17 de xuño, acordouse iniciar novas accións, dado o curso escolar vai rematar e a Consellería nin sequera se digna a contestar á petición formal do Consello Escolar, onde están representados os distintos sectores da comunidade educativa.
Tras manter entrevistas cos responsables de Educación dos tres grupos parlamentares (PP, PSOE e BNG) e cas Asociacións Veciñais da zona (O Castiñeiriño, O Eixo, A Pontepedriña, Sar, Marrozos e Aríns).
CONVOCÁMOVOS A UNA ROLDA DE PRENSA O MARTES 22 AS 18:30, enfronte ao CEIP Lamas de Abade, onde vos daremos conta dos apoios recibidos.
Non descartamos outro tipo de mobilizacións antes do final de curso e no caso de non obter contestación, continuaremos as nosas protestas desde os primeiros días do vindeiro curso escolar.
Santiago, 21 de xuño de 2010
ANPA DO CEIP LAMAS DE ABADE