luns, 15 de novembro de 2010

COMUNICADO Nº 7, ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA

Convócase a asemblea da ANPA o próximo xoves, día 18 de Novembro do 2010, ás 19:30 en primeira convocatoria e ás 20:00 na segunda e definitiva.

A orde do día comprenderá os seguintes puntos:

1º.- Lectura e aprobación da acta anterior.
2º.- Contratación de monitores.
3º.- Subvención de comedor 2010-2011.
4º.- Elección de novos cargos para a directiva.
5º.- Contratación de seguro de responsabilidade civil da anpa.
6º.- Preguntas e suxestións.

O remate da asemblea será ás 21:15

Pregamos veñades todos para tratar os temas mencionados

Haberá un servizo de gardería para aqueles que teñan que traer os seus nenos/as.

Tamén queremos recordarvos que consultedes os taboleiros, xa que alí está toda a información da ANPA.