domingo, 12 de decembro de 2010

COMUNICADO Nº 8, SEGURO DE ACCIDENTES E SUBVENCIÓN DE COMEDORES

ANPA E CLUBE DEPORTIVO do CEIP LAMAS DE ABADE (anpaceiplda@yahoo.es) http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/ Comunicado nº 8

Na asemblea da ANPA, celebrada o 18 de Novembro de 2010, aprobouse por unanimidade de todos os presentes o acordo da contratación obrigatoria dun seguro de accidentes para todos os nenos e nenas que asisten a actividades organizadas pola ANPA. Será contratado a partir do 1 de Xaneiro de 2011 e o custo total por asegurado será de 5 euros/ano. Pasaranse os recibos en canto se formalice a relación coa aseguradora ALLIANZ.

En canto á subvención de comedores, informouse de que, para este ano, a Xunta non concedeu á nosa ANPA ningún tipo de axuda nin subvención para o comedor, pois non teñen cartos.

Tratouse o tema da contratación dos monitores; formalizaremos a sua relación laboral ca anpa no próximo trimestre, co que incrementaremos o custe das actividades extraescolares a partir de Xaneiro.

Tamén está pendente a renovación de cargos da directiva da ANPA, pois neste curso marchan catro, para os que non se presentaron candidatos. Na próxima asemblea deberán votarse estes catro cargos, para o que é necesario que se presenten novos candidatos.