Despois da concentración na Praza da Quintana de onte martes, 29 de xuño, comunicámovos os acordos que se adoptaron ó final do acto:
1) Ao non ter resposta (aínda) da solicitude de entrevista co Conselleiro de Educación, unha comisión de 7 u 8 persoas (da directiva da ANPA, representantes no Consello Escolar e afectados/as que xa asistiron a entrevistas anteriores) estará localizable e dispoñible para asistir a ela.
2) Mantérmonos en contacto para coñecer as novidades e manter activos as canles de comunicación do colectivo en internet:
Grupo en Facebook (xa somos maís de 230):
http://www.facebook.com/group.php?gid=107507412632576
Blog da ANPA:
http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/
3) Continuar co envío de envío masivo de e-mails a responsables da Consellería de Educación (se non coñeces aínda a iniciativa, pide que cha reenvíen desde a ANPA: anpaceiplda@yahoo.es)
4) Valoraremos presentar unha queixa ao Valedor do Pobo en función de se contestan ou non ou se é a resposta é negativa.
5) Convocar unha asemblea a principios de setembro para valorar a situación e decidir novas mobilizacións se o tema non está resolto daquela. Estade atentos á convocatoria por correo electrónico, blog ou Facebook.
Un saúdo e feliz verán: ANPA do CEIP Lamas de Abade.