xoves, 16 de setembro de 2010

ENTREVISTA CON CORREO TV (15-09-2010)

Tra-la asamblea da ANPA mantida o luns 13 de Setembro decidimos seguir adiante coas nosas movilizacións ata que teñamos resposta por parte da Consellería de Educación. Como seguinte paso onte mércores 15 de Setembro varios membros da ANPA mantivemos unha nova entrevista con Correo TV na que manifestamos a nosa firme postura de protesta ata que a administración nos aporte explicacións á nosa situación.