mércores, 23 de xuño de 2010

MOBILIZACIÓNS E ACTUACIÓNS

MOBILIZACIÓNS E ACTUACIÓNS ACORDADAS POLAS NAIS E PAIS DURANTE O PECHE NO CEIP LAMAS DE ABADE DO MARTES 22 DE XUÑO:



  1. Entrega no Rexistro Xeral da Xunta dunha solicitude de ENTREVISTA co CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN e entrega de sinaturas de apoio:
    XOVES 24 DE XUÑO ás 12:30 (convocaremos a esa hora aos medios de comunicación)
    Quedamos ás 12:00 diante da Estación de Autobuses (sede puntuais!!!)

  2. CONCENTRACIÓN (con pancarta) + ROLDA DE PRENSA na Praza da Quintana:
    MARTES 29 DE XUÑO ás 18:30 nas escaleiras da Praza da Quintana

  3. Abrir un grupo de FACEBOOK: “Dobre liña de Infantil XA no CEIP Lamas de Abade”

  4. Queixa ao Valedor do Pobo (anunciarase e farase se seguen sen contestar)

  5. Envio por e-mail a distintos cargos da Consellería de Educación dunha FOTO DO PECHE cun slogan (pensado para que cada un/unha o envíe individualmente a partir do modelo que se vos remitirá).

É IMPORTANTE A PARTICIPACIÓN DE TODOS/AS NESTAS CONVOCATORIAS PARA CONSEGUIR A MÁXIMA DIFUSIÓN E O ÉXITO DAS NOSAS XUSTAS REIVINDICACIÓNS!!!

Un saúdo.