Estimadas familias
como sabedes, ao comezo do curso escolar as familias socias da ANPA CEIP Lamas de Abade deben pagar a cota de socio (familiar) e o seguro de accidentes (por cada neno ou nena).
Aquelas familias que aínda non son socias da ANPA deberán cumprimentar tamén o Formulario de inscrición de familia socia.
A cota de socio para o curso 2021/2022 é de 27 € ao ano por familia e a cota do seguro de accidentes é de 6 euros por alumno/a.
Ambos pagamentos deberán realizarse seguindo as instrucións contidas no formulario, indicando no concepto de cada un deles "Nome da persoa socia + cota ANPA" e "Nome alumno/a + cota seguro" segundo corresponda, antes do 15 de outubro. Tamén se poderá facer unha única transferencia con todas as cotas xuntas.
Para completar a inscrición deberá enviar o xustificante de ambos pagos preferentemente por correo electrónico ao enderezo coordinadoralamas@
As familias que xa son socias e queiran modificar algún dato da ficha de socios (incluír un novo irmá ou irmán, cambios de enderezo ou de teléfonos) poderán empregar tamén o Formulario de inscrición de socio. Da mesma maneira, se queren modificar a relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a deberán actualizar o apartado correspondente no Formulario de inscrición. Este documento, unha vez cuberto e asinado, deberá ser enviado preferentemente por correo electrónico ao enderezo coordinadoralamas@
Un saúdo .