Estimadas familias, tal e como vos fixemos chegar por correo electrónico, a próxima semana terá lugar a 1ª Asemblea Xeral Ordinaria (Curso 2021/2022) de persoas socias da Asociación de Nais e Pais do CEIP Lamas de Abade.
Día: Xoves, 21 de outubro de 2021.
Hora: 16:00 (Primeira convocatoria) 16:30 (2º convocatoria)
Lugar: No patio cuberto do centro (na parte de atrás)
ORDE DO DÍA:
Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. Coa convocatoria fíxose chegar ás familias a acta da última reunión da Asemblea Xeral (27/10/2020, de maneira telemática) para que as persoas socias poidan realizar alegacións ou precisións á mesma.
Información sobre o estado de contas.
Información sobre o inicio do curso e funcionamento dos servizos de comedor e madruga.
Organización de actividades extraescolares a partir do mes de novembro.
Aprobación do documento de Normas Xerais, incluíndo o sistema de reserva, anulación e adxudicación de prazas naqueles casos nos que as solicitudes superen as prazas dispoñibles. (Achegouse o documento e incorporouse información no ANEXO da convocatoria)
Incorporación de novas socias á Xunta Directiva. (Incorporouse información no ANEXO da convocatoria)
Rogos e preguntas
Ese día, as familias que o precisen poderán facer uso dun servizo de ludoteca, de xeito gratuíto e previa reserva. Se ides facer uso deste servizo indicádeo a través dun correo ao enderezo electrónico da ANPA anpaceiplda@gmail.com.
Se algunha persoa socia non recibiu a convocatoria e o resto de documentación que vos fixemos chegar, pode poñerse en contacto coa directiva a través do enderezo electrónico anpaceiplda@gmail.com.
Nota: De acordo co artigo 24 dos Estatutos que regulan esta asociación, as asembleas quedarán validamente constituídas en 1ª convocatoria cando estean presentes a maioría dos socios/as e en 2ª convocatoria, sexa cal sexa o número de socios/as presentes. Os acordos tomaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen aos negativos, non sendo computables a estes efectos os votos en branco nin as abstencións.
Un saúdo.
A xunta directiva da ANPA do CEIP Lamas de Abade.