Estimadas familias:
O próximo venres, 24 de xuño, ás nove da mañá, abrirase o prazo para facer a inscrición nas actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o curso 2022/2023. O prazo remata o venres, 1 de xullo, ás 16:00 h. Non se admitirán solicitudes presentadas antes de tempo.
Unha vez rematado o período de inscrición, á maior brevidade posible, comunicarase ás familias en que actividades teñen praza.
O número máximo de usuarios e os prezos veñen reflectidos no cadro seguinte.
Recordade que para que unha actividade poida desenvolverse, deberá ter un mínimo de 10 inscricións. O número máximo de usuarios ven reflectido no cadro que achegamos.
Como en cursos anteriores, as prazas asignaranse segundo a orde de inscrición, tendo preferencia aquelas persoas que estiveran anotadas na actividade o último curso no que se realizaron.
O pagamento das actividades extraescolares ofertadas pola ANPA realizarase mensualmente, entre os días 1 e 10 de cada mes.
O formulario para inscribirse nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA enviarase por correo electrónico á coordinadora da ANPA (Mamen) (coordinadoralamas@gmail.com) ou entregaráselle en formato papel.
Cómo as actividades organizadas pola ANPA darán comienzo en outubro, aquelas familias que desexen facer uso da Ludoteca da Federación de ANPAS en Setembro deberán cubrir o formulario da propia federación, seguindo as indicacións sobre inscrición e pagamento que se inclúen no mesmo. Estas solicitudes teredes que envialas ao enderezo electrónico santiago@actex.es. O prazo para solicitala rematará o venres, 2 de setembro. Dependendo do número de inscricións poderase levar a cabo a Ludoteca.
A inscrición nas actividades supón a aceptación das normas xerais da ANPA que podedes consultar no blog, no apartado de Normas Xerais. Polo tanto, segundo o establecido no apartado G, punto 1, aquelas persoas que non sexan socias da ANPA deberán abonar 27 € en concepto de matrícula. Ao comezo do curso enviarase o formulario para todos aqueles que desexen facerse socios da ANPA.
A
inscrición como novo socio da ANPA realizarase en setembro. Enviarase o
formulario ás familias e publicarase no blog da ANPA. Xunto co
formulario para facerse socio da ANPA, achegarase o rexistro a cubrir
coa relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a.
As familias que xa son socias e queiran modificar algún dato da ficha de socios (incluír un novo irmá ou irmán, cambios de enderezo ou de teléfonos) poderán empregar tamén o Formulario de inscrición de socio. Da mesma maneira, se queren modificar a relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a deberán actualizar o rexistro adxunto Autorización recollida do alumnado.
O comezo das actividades organizadas pola ANPA será o luns, 3 de outubro. A Ludoteca de Federación de ANPAS dará servizo dende o 8 de setembro, primeiro día de colexio e durante todo o mes.
Aquí podedes consultar o dosier con toda a información sobre cada unha das actividades.
Formulario de inscrición para as actividades ofertadas o curso 2022-23.
Formulario de inscrición na Ludoteca organizada pola Federación de ANPAs en setembro.
Cadro de Actividades ofertadas.
Un saúdo.