Estimadas familias,
Xa está aberta a preinscrición para o campamento de verán 2022.
Horario e prezos:
Información importante sobre o servizo de comedor.
O servizo de xantar será servido pola empresa Barrigola. Será preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia antes de realizar o pagamento.
Preinscrición.
Ofértanse un total de 55 prazas.
A reserva farase dende o martes, 7 de xuño, ata as 16:00 do xoves, 9 de xuño.
• Enviar o formulario de preinscrición á coordinadora por correo electrónico (coordinadoralamas@gmail.com) ou entregarllo en man.
Informarase sobre a adxudicación de praza o venres,10 de xuño, antes das 18:00. Terán preferencia as reservas con maior número de días solicitados, é dicir, as reservas de quincenas terán preferencia sobre as de semana e estas a terán por riba dos días soltos.
Unha vez dado o aviso de adxudicación de praza, deberá facerse o ingreso antes das 18:00 do luns, 13 de xuño. Daranse instrucións de como formalizar o pago cando se avise da adxudicación de praza.
Segundo as Normas Xerais da ANPA , para participar en calquera actividade organizada pola ANPA, será necesario pagar unha matrícula anual e ter subscrita a póliza de seguros individual para cada neno ou nena. O pagamento desta matrícula poderá ser considerada como cota de familia socia.
Necesítase un mínimo de 12 alumnos/as fixos en cada unha das quendas para realizar o campamento. Para realizar os servizos de madrugadores e comedor é necesario un mínimo de 8 nenos/as inscritos nos mesmos.
Desenvolvemento do servizo.
O horario de chegada, no caso de non solicitar madrugadores, será de 9:00 a 10:00. Non se poderá acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida será ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (se xantan no campamento). Prégase que respectedes estes horarios, recordando que no caso de incumprimentos reiterados na hora de chegada ou de recollida procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
DOSIER CAMPAMENTO DE VERÁN 2022
INFORMACIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN
Un saúdo.