martes, 28 de xuño de 2022

Menús do mes de xullo de 2022.

Estimadas familias: 

 

Xa podedes consultar os menús do mes de xuño.

Recordade que podedes acceder a estes, e aos dos meses anteriores, no apartado MENÚ COMEDORES deste blog.

Un saúdo e moitas grazas.

Banco de libros curso 2022/2023

Estimadas familias:

Un ano máis a ANPA pon en marcha o BANCO DE LIBROS, para poder usar no vindeiro curso 2022-2023.

Como sabedes esta iniciativa consiste en entregar  libros que sexan da vosa propiedade para que poidan ser empregados por outras rapazas e rapaces no seguinte curso.

PARA O PRÓXIMO CURSO SÓ SERVEN OS LIBROS DE 4º de Educación Primaria.

·      Se tes libros doutros cursos prestados pola ANPA non é necesario que os entregues.

·      Só se recollen libros de 4º EP.

·      Datas de recollida de libros prestados e novas peticións para o curso 2022 – 2023:

Ata o día 1 de xullo: de 13:30 a 14:00, para outro horario poñerse en contacto coa coordinadora.

·      Preparación de lotes na segunda semana de xullo.

·      Datas de entrega de libros: Do 26 ao 29 de xullo, en horario de 13:00 a 14:00h.

Calquera dúbida ou suxerencia póñase en contacto coa coordinadora da ANPA (Mamen: tlfno 662382294, correo electrónico coordinadoralamas@gmail.com)

 FORMULARIO

Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración.

 

PARTICIPA

xoves, 23 de xuño de 2022

Requirimento de subsanación de bolsas de comedor, actividades extraescolares e material escolar.

Prezadas familias:

Esta mañá foi publicado na web do Concello o REQUIRIMENTO DE SUBSANACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN PARA A RESOLUCIÓN DE BOLSAS DE COMEDOR, ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2022-2023.

Dispoñedes de 10 días naturais a contar dende mañá para proceder a subsanar as solicitudes.

Calquera dúbida podedes chamar ao 981542465, teléfono de Servicios Sociais do Concello.

 
Saúdos

mércores, 22 de xuño de 2022

Inscrición actividades curso 2022/2023

Estimadas familias:

O próximo venres, 24 de xuño, ás nove da mañá, abrirase o prazo para facer a inscrición nas actividades extraescolares ofertadas pola ANPA para o curso 2022/2023. O prazo remata o venres, 1 de xullo, ás 16:00 h. Non se admitirán solicitudes presentadas antes de tempo.

Unha vez rematado o período de inscrición, á maior brevidade posible, comunicarase ás familias en que actividades teñen praza.

 O número máximo de usuarios e os prezos veñen reflectidos no cadro seguinte.



Recordade que para que unha actividade poida desenvolverse, deberá ter un mínimo de 10 inscricións. O número máximo de usuarios ven reflectido no cadro que achegamos.

Como en cursos anteriores, as prazas asignaranse segundo a orde de inscrición, tendo preferencia aquelas persoas que estiveran anotadas na actividade o último curso no que se realizaron. 

O pagamento das actividades extraescolares ofertadas pola ANPA realizarase mensualmente, entre os días 1 e 10 de cada mes. 

O formulario para inscribirse nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA enviarase por correo electrónico á coordinadora da ANPA (Mamen) (coordinadoralamas@gmail.com) ou entregaráselle en formato papel.

Cómo as actividades organizadas pola ANPA darán comienzo en outubro, aquelas familias que desexen facer uso da Ludoteca da Federación de ANPAS en Setembro deberán cubrir o formulario da propia federación, seguindo as indicacións sobre inscrición e pagamento que se inclúen no mesmo. Estas solicitudes teredes que envialas  ao enderezo electrónico santiago@actex.es. O prazo para solicitala rematará o venres, 2 de setembro. Dependendo do número de inscricións poderase levar a cabo a Ludoteca.

A inscrición nas actividades supón a aceptación das normas xerais da ANPA que podedes consultar no blog, no apartado de Normas Xerais. Polo tanto, segundo o establecido no apartado G, punto 1, aquelas persoas que non sexan socias da ANPA deberán abonar 27 € en concepto de matrícula. Ao comezo do curso enviarase o formulario para todos aqueles que desexen facerse socios da ANPA.

A inscrición como novo socio da ANPA realizarase en setembro. Enviarase o formulario ás familias e publicarase no blog da ANPA. Xunto co formulario para facerse socio da ANPA, achegarase o rexistro a cubrir coa relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a.

As familias que xa son socias e queiran modificar algún dato da ficha de socios (incluír un novo irmá ou irmán, cambios de enderezo ou de teléfonos) poderán empregar tamén o Formulario de inscrición de socio. Da mesma maneira, se queren modificar a relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a deberán actualizar o rexistro adxunto Autorización recollida do alumnado.

O comezo das actividades organizadas pola ANPA será o luns, 3 de outubro. A Ludoteca de Federación de ANPAS dará servizo dende o 8 de setembro, primeiro día de colexio e durante todo o mes.

Aquí podedes consultar o dosier con toda a información sobre cada unha das actividades.


 

Formulario de inscrición para as actividades ofertadas o curso 2022-23.

Formulario de inscrición na Ludoteca organizada pola Federación de ANPAs en setembro. 

Cadro de Actividades ofertadas. 

 

Un saúdo.




Inscricións e a información sobre os servizos de comedor e madrugadores para o vindeiro curso 2022-23

 Estimadas familias:

Aquí tendes toda información sobre os servizos de comedor e madruga para o curso 2022-2023.

Os menús para infantil serán servidos, como se acordou na Asemblea Xeral do 21 de xuño, pola empresa de catering Barrigola no colexio e por Hostalaría para primaria nas súas instalacións.

A reserva de prazas será do venres, 24 de xuño, ao venres, 1 de xullo, e os formularios poderán enviarse por correo electrónico  á coordinadora (Mamen) a través do enderezo coordinadoralamas@gmail.com ou entregalos en papel. En ámbolos dous casos é necesario que estean firmados. Non se admitirán solicitudes antes do prazo indicado.

O número de prazas das que dispomos é de 160 no comedor de Hostalaría e de 50 no comedor do Centro.

Ofertamos 65 prazas para o servizo madruga.

No caso de superar o número máximo de prazas, teremos que aplicar o BAREMO aprobado na Asemblea Xeral Extraordinaria do 7/03/2018, na que se estableceron os seguintes criterios:

1º Días de uso do comedor no ano anterior: Entre 160 e 180 días: 10 ptos.; 140-160 días: 9 ptos.; 120-140 días: 8 ptos.; 100-120 días: 7 ptos.; 80-100 días: 6 ptos.; 60-80 días: 5 ptos.; 40-60 días: 4 ptos.; 20-40 días: 3 ptos.; 0-20 días: 1 pto.

2º Familia socia no curso 2021/2022: 1 punto.

3º Irmán/á usuario do comedor no 2021/2022: 2 puntos.

Tanto para o servizo de madruga como para o servizo de comedor, a reserva é anual, e farase por días da semana, tendo prioridade as reservas de todos os días do curso sobre as de días fixos da semana, e estas sobre calquera outro tipo de solicitude. Ao longo do curso só estarán permitidos, no servizo de comedor e no de madruga, cambios puntuais, sempre que se avise antes do día 20 do mes anterior ao cambio, o que permitirá non ter que aboar o servizo. Se os cambios son comunicados despois desa data, os importes terán que ser aboados polas familias aínda que non utilicen o servizo. Estes cambios puntuais refírense a imprevistos que non supoñan un cambio substancial respecto do reservado. No servizo de madruga poderase, previa consulta coa coordinadora, modificarse a opción con almorzo ou sen almorzo.

No mes de xullo comunicarase a adxudicación de prazas e, de ser o caso, a lista de agarda. Se por algún motivo é necesario facer cambios na reserva do comedor ou do servizo madruga, deberá facerse antes do 3 de setembro para os días do mes de setembro, e en todo caso antes do 18 de setembro para a reserva do resto do ano. Pregamos que no caso de dar de baixa algún servizo se envíe un correo electrónico ao enderezo anpaceiplda@gmail.com á maior brevidade posible.

Os usuarios de cuarto de infantil farán, ao igual que o resto de familias, a reserva para todo o ano, e cando coñezan cal será o horario do seu período de adaptación deberán poñerse en contacto coa coordinadora para anular os días que non precisen usar.

O prezo do servizo de comedor é de 6€/día. O prezo de Madruga con almorzo é de 2€/día e sen almorzo de 1,90€/día. Estes prezos foron aprobados na Asemblea Xeral de socios realizado o 21 de xuño.

Os recibos deberán pagarse antes do día 10 de cada mes. Recordamos que non estar ao corrente dos pagos, pode implicar, previa comunicación á familia, a non prestación do servizo.

Por último, recordarvos que é preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.

Formularios de inscrición para o servizo de comedor e para o servizo de madruga

A inscrición como novo socio da ANPA realizarase en setembro. Enviarase o formulario ás familias e publicarase no blog da ANPA. Xunto co formulario para facerse socio da ANPA, achegarase o rexistro a cubrir coa relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a.

As familias que xa son socias e queiran modificar algún dato da ficha de socios (incluír un novo irmá ou irmán, cambios de enderezo ou de teléfonos) poderán empregar tamén o Formulario de inscrición de socio. Da mesma maneira, se queren modificar a relación de persoas autorizadas para recoller ao alumno/a deberán actualizar o rexistro adxunto Autorización recollida do alumnado.

Saúdos