luns, 15 de xuño de 2020

Información curso 2019-2020


Estimadas familias,

Ante a imposibilidade de convocar a segunda Asemblea Ordinaria da Asociación, elaboramos un documento coa información do que foi este curso que remata. Durante as próximas semanas iremos dando conta do que vaiamos coñecendo sobre o próximo curso a través do correo electrónico e no noso blog.

Moita saúde e prosperidade



venres, 12 de xuño de 2020

xoves, 11 de xuño de 2020

Banco de libros 20-21


Estimadas familias:
Un ano máis a ANPA pon en marcha a finais de curso un BANCO DE LIBROS para poder usar no vindeiro curso 2020-2021.
Como sabedes, esta iniciativa consiste en entregar libros que sexan da vosa propiedade para que poidan ser empregados por outras rapazas e rapaces no seguinte curso. As familias que entreguen libros, terán dereito a recibir outros, sempre que os haxa. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto.
Para o próximo curso só poderán aproveitarse os libros de 4º e de 6º.
Recollida dos libros prestados no curso anterior: Do 16 ao 19 xuño; en horario de 9:00 a 13:30 horas.

·                    Todos os libros prestados durante o curso anterior deberán ser entregados xunto co formulario debidamente cumprimentado.
·                    Os libros serán depositados no espazo habilitado na parte de atrás do centro (patio cuberto) para que a coordinadora poida recollelos cumprindo coas medidas de distanciamento oportunas.
·                    Ninguén pode acceder ao interior do colexio.
·                    No caso de que haixa varias persoas para entregar os libros prestados neste curso, deberá gardarse a distancia de 2 m. de separación nas filas.

Comunicado e entrega de libros concedidos. Durante o mes de xullo as familias recibirán unha comunicación na que se indicará que libros do fondo lles corresponden para que poidan  mercar os que lles faltan. Debido as circustancias excepcionais coas se está pechando o presente curso escolar e ao periodo no que os libros deben permanecer en corentena, este ano a entrega de libros realizarase na primeira semana de setembro.

Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración.


PARTICIPA

domingo, 7 de xuño de 2020

Horarios de atención

Mentres dure o período de inscrición (ata o 21 de xuño) o horario de antención das monitoras será de luns a venres de 9 a 14h. Tedes os datos de contacto no seguinte enlace.

venres, 5 de xuño de 2020

PREINSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2020/2021


Estimadas familias:
Debido á situación orixinada pola ALERTA SANITARIA DO COVID-19 e a falta de instrucións sobre como se desenvolverá o curso, non podemos afirmar que o ano que vén se oferte o mesmo número de prazas que no curso anterior. Tamén é posible que as actividades programadas sufran cambios. Aínda así, cremos importante manter os prazos de reserva e a oferta do ano pasado para poder estimar a demanda, cando menos estimada, para a totalidade dos servizos que ofertamos.
Recordamos que a reserva é anual e os cambios poderán formularse de conformidade ao establecido nas Normas de funcionamento da ANPA.
Este ano queríamos empezar a ofertar as actividades a partir do mes de setembro, ao comezo do curso, pero na actualidade non podemos confirmar que vai poder ser así. En todo caso estaremos ao que dispoñan as autoridades sanitarias, as educativas e a dirección do centro.
·         A reserva de prazas será do 5 ao 21 de xuño.
·         O formulario de inscrición deberá enviarse por correo á coordinadora  (Lucía) coordinadoraactividadeslamas@gmail.com
·         Tedes como máximo ata o 3 de setembro, incluídos, para facer cambios respecto das reservas. Os cambios, unha vez pasadas estas datas estarán supeditados ao establecido nas normas da ANPA.
Recordamos que as prazas asignaranse por orde de solicitude, tendo preferencia os/as que desenvolveran a actividade no curso anterior.
Para ampliar a información podedes consultar o blog da ANPA ou pedir información por correo electrónico.
Sentimos non poder dar información certeira sobre os servizos ofertados pero estamos condicionados ao que establezan as autoridades competentes. Informaremos puntualmente de calquera cambio.



PREINSCRICIÓN COMEDOR CURSO 2020/2021


Estimadas familias:
Debido á situación orixinada pola ALERTA SANITARIA DO COVID-19 e a falta de instrucións sobre como se desenvolverá o curso, non podemos afirmar que o ano que vén se oferte o mesmo número de prazas que no curso anterior, 160 para educación primaria, e 50 para educación infantil. Aínda así, cremos importante manter os prazos de reserva para poder estimar a demanda, cando menos estimada, para a totalidade dos servizos que ofertamos.
Recordamos que a reserva é anual e os cambios poderán formularse de conformidade ao establecido nas Normas de funcionamento da ANPA.
Como en anos anteriores a reserva estará diferenciada entre o mes de setembro, onde non presta servizo o CIFP de Hostalería, e o resto do curso. Así:
·         A reserva de prazas será do 5 ao 21 de xuño.
·         O formulario de inscrición deberá enviarse por correo á coordinadora  (Mamen) coordinadoralamas@gmail.com
·         Tedes como máximo ata o 3 e 18 de setembro, incluídos, para facer cambios respecto das reservas do mes de setembro e do resto do curso, respectivamente. Os cambios, unha vez pasadas estas datas estarán supeditados ao establecido nas normas da ANPA.
Unha vez coñezamos en que condicións podemos ofertar o servizo, aplicaremos o BAREMO establecido.
É preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Para ampliar a información podedes consultar o blog da ANPA ou pedir información por correo electrónico.
Sentimos non poder dar información certeira sobre os servizos ofertados pero estamos condicionados ao que establezan as autoridades competentes. Informaremos puntualmente de calquera cambio.




PREINSCRICIÓN SERVIZO MADRUGA CURSO 2020/2021


Estimadas familias:
Debido á situación orixinada pola ALERTA SANITARIA DO COVID-19 e a falta de instrucións sobre como se desenvolverá o curso, non podemos afirmar que o ano que vén se oferte o mesmo número de prazas que no curso anterior, 65 prazas por día. Aínda así, cremos importante manter os prazos de reserva para poder estimar a demanda, cando menos estimada, para a totalidade dos servizos que ofertamos.
·         A reserva de prazas será do 5 ao 21 de xuño.
·         O formulario de inscrición deberá enviarse por correo á coordinadora  (Mamen) coordinadoralamas@gmail.com
·         Tedes como máximo ata o 3 e 18 de setembro, incluídos, para facer cambios respecto das reservas do mes de setembro e do resto do curso, respectivamente. Os cambios, unha vez pasadas estas datas estarán supeditados ao establecido nas normas da ANPA.
Para ampliar a información podedes consultar o blog da ANPA ou pedir información por correo electrónico.
É preciso informar á coordinadora sobre calquera intolerancia alimentaria ou alerxia.
Sentimos non poder dar información certeira sobre os servizos ofertados pero estamos condicionados ao que establezan as autoridades competentes. Informaremos puntualmente de calquera cambio.

Pódese descargar o formulario aquí