martes, 30 de xullo de 2019

Material de Ludoteca

Estimadas familias.
Como sabedes, dende fai anos un dos servizos que ofrece a ANPA é a Ludoteca. Contamos con diverso material lúdico, xogos e libros, pero co paso do tempo algunhas cousas van deteriorándose polo que solicitamos a vosa colaboración para ir repoñendo o material dun modo económico é sostible, acorde co proxecto das 3R desenvolvido polo Centro durante o curso escolar.
Sabemos que en todos os fogares hai xoguetes que aínda estando en bo estado xa non se usan e vos propoñemos que os cedades á Ludoteca para facilitar a súa reutilización.
Nesta ocasión queremos centrarnos en xogos de mesa e de lóxica e bonecas. Tamén nos gustaría incorporar libros de leitura infantís, preferentemente de 3 a 6 anos.
Pregamos que cada familia que desexe participar aporte só unha cousa, confiando no voso criterio para escoller aqueles xoguetes que aínda usados, están en condicións para ser empregados por outros nenos e nenas.
A recollida de xoguetes se fará na semana do 16 ao 20 de setembro. Podedes entregarlle o material á Coordinadora da ANPA.

venres, 26 de xullo de 2019

Prazas actividades 2019-2020

Despois de asignar as prazas segundo as solicitudes recibidas inda quedan algunhas prazas libres nas seguintes actividades:

Audiovisuais
Baloncesto (4º-6º)
Danzas Urbanas
Divertidanza
Emociona-T (E.I.)
Nenoos
Rockbotic (Todos os grupos)
Speaking Lúdico (Todos os grupos)
Xadrez

Podedes facer a reserva nas mesmas enviando o formulario que podedes atopar no seguinte enlace a coordinadora de actividades Lucía, no enderezo coordinadoraactividadeslamas@gmail.com

martes, 23 de xullo de 2019

Comedor 2019-2020

Estimadas familias,

Informámosvos que este ano, coa apertura dun novo comedor (1), hai prazas para atender a totalidade da demanda recibida no prazo de inscrición, polo que non será preciso aplicar o baremo.

Recordámosvos que tedes ata o 3 de setembro, como data máxima, para modificar a reserva de comedor do mes de setembro, e ata o 18 de setembro, para modificar a reserva anual. Tede en conta, como en anos anteriores, que a reserva é anual polo que non será posible modificar a reserva máis alá desa data, salvo modificacións puntuais. Para calquera aclaración, estamos á vosa disposición.

Grazas pola vosa colaboración.



(1) O Novo comedor, dotado de 52 prazas, localízase nunha aula cedida polo centro. Nese comedor darase servizo a todos os cursos de educación infantil e atenderanse tamén os casos que poidan existir de intolerancias e alerxias alimenticias. Na actualidade estase á espera da autorización da xefatura territorial da Consellería de educación como único trámite pendente.

luns, 22 de xullo de 2019

Banco de libros

Estimadas familias:

Dende a Directiva da ANPA, queremos dar as grazas a todas as persoas que colaborastes co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS.

Grazas a esta colaboración podemos axudar a moitas familias a que o desembolso económico pola compra de libros de texto sexa menor.

Este ano o reparto foi complicado porque solicitáronse moitos libros dos que non temos existencias no Banco. En total faltan 60 libros dos cursos de 4º, 5º e 6º .
Se algunha familia conta con algún libro destes cursos e quere doalo ao Banco aínda está a tempo.

Por outra banda comunicar que despois de facer o reparto das solicitudes recibidas, aínda temos algúns libros de texto de 1º, 2º e 3º para prestar se alguén non comprou e necesita.

Recordarvos que a data de recollida de libros será os días 26, 29, 30 e 31 de xullo en horario de 9 a 14 horas, e o luns 29 e mércores 31 de 16 a 18 horas.

Podedes solicitar os libros seguindo as instrucións indicadas en http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/2019/06/banco-de-libros-anpa.html

Grazas a todos

A directiva da ANPA do Ceip Lamas de Abade

xoves, 4 de xullo de 2019

Calendario escolar 2019-2020

O pasado venres 28/06/2019 saíu publicado no Dog o calendario escolar para o próximo curso 2019-2020. Pódese ver a orde no seguinte enderezo.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190628/AnuncioG0534-210619-0001_gl.html

A falta de que o centro decida cal é o día que escolle así queda o calendario:



Tamén o teredes dispoñible todo o curso na marxe esquerda da nosa páxina, coma ven sendo habitual.