xoves, 22 de novembro de 2018

Campamento de Nadal 2018-2019


Está aberta a inscrición para o campamento de Nadal

Horario:
De 7:45 a 9:00 ( madrugadores : 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día)

• Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago

A data límite para anotarse é o 12 de decembro

A reserva ordenarase pola data de pagamento
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00, no caso de que non se solicitara madrugadores. Non poderán acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de recollida, haberá que pagar unha penalización de 6€ que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.
No caso de non ingresalos, non poderá continuar asistindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade. No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou
dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.
O día 28 haberá unha saída a Residencia de Anciáns DomusVi San Lázaro onde os nenos e nenas interactuarán cos maiores e realizarán actividades grupais lúdicas. Esta saída ten un custo de 2€ asociado ás necesidades de transporte.


Pódese descargar o formulario no seguinte enlace

xoves, 15 de novembro de 2018

1ª Asemblea ordinaria 2018/2019

CONVOCATORIA 1ª  ASEMBLEA ORDINARIA

Xoves 29 de novembro de 2018; 16:30 h

16:00 h (1ª convocatoria) 16:30 h (2ª convocatoria)

Nota aclaratoria para as familias: a hora de comenzo será as 16:30 h dado que para que puidera celebrarse a Asemblea ás 16:00 h terían que estar presentes a maioría dos socios e socias


ORDE DO DÍA:

1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior

Con esta convocatoria achégase aos socios, por correo electrónico, a acta da última asemblea para que durante estes días poidades avaliar o texto e facer os comentarios a través do correo electrónico que estimedes pertinente para que na xuntanza non sexa preciso ler a acta da asemblea anterior e poida procederse a aprobala, se procede.

2.- Presentación da nova Directiva, e recoñecemento á directiva saínte

3.- Información inicio de curso: comedor, actividades extraescolares, normas xerais

4.- Estado de contas. Aprobación do orzamento da ANPA para o curso 2018-2019


5.- Rogos e preguntas






luns, 15 de outubro de 2018

Concentración parques infantiles

Estimadas familias,
A Asociación Veciñal O Castiñeiro está a desenvolver unha serie de actividades encamiñadas a poñer de manifesto a precaria situación do barrio no tocante aos parques infantiles e outras zonas de ocio ao aire libre.
Nos últimos anos o número de familias residentes aumentou dun modo considerable, e os novos parques infantis construídos son pequenos e para idades moi temperás. Ademáis están situados en zonas con pouca sombra, sen bancos e sen outras equipacións nas que poder practicar deporte ao aire libre.
Por este motivo, van enviar unha nota de prensa e organizar una concentración o vindeiro xoves, día 25 de outubro as 19h, no pequeno parque infantil situado na Rúa de Alfredo Vicenti (o parque das galiñas, no SUNP 12) e solicitan que acudan o maior número de nenos e nenas posible para visibilizar as carencias do barrio no tocante ás equipacións para a infancia.

domingo, 14 de outubro de 2018

Revisión oftalmolóxica no Espazo veciñal de Sar

Dende o Espazo veciñal de Sar nos informan desta campaña que pode ser da vosa interese.

mércores, 19 de setembro de 2018

Bolsas do concello

Onte saiu publicada na web do concello a resolución provisional de concesións de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares.
No seguinte enlace se pode ver a nova (con data 18/09/2018)

Aqui se pode ver a listaxe.

venres, 14 de setembro de 2018

Actividades extraescolares

Ábrese o prazo para a inscrición nos actividades extraescolares nas que seguen quedando prazas libres. As actividades son:


                                       Patinaxe B:                                        17€/mes
                                      Speaking lúdico (Infantil e Primaria): 17€/mes
                                      Pintura:                                              22€/mes
                                      Rockbotic: E Infantil:                          24€/mes
                                      Rockbotic E. Primaria:                       31€/mes
                                      Xadrez:                                              23€/mes
                                      Baloncesto:                                        17€/mes
                                     Nenoos Iniciación:                             42€/mes + 15€ matrícula
                                    Capoeira:                                           19€/mes
                                     Divertidanza:                                      17€/mes
                                     Danza Urbana:                                   17€ mes
                                     Nenoos perfeccionamento:                42€/mes +15€ matrícula
                                      Emociona-T Infantil:                           17€/mes


O cadro de actividades provisional é o seguinte (pode variar segundo sé a inscrición nas diferentes actividades).
 Pódese descargar o formulario no seguinte enlace.

xoves, 13 de setembro de 2018

Formulario socio 2018-2019

Xa tedes dispoñible o formulario de socios para este ano. Tentamos reducir o número de formularios a cubrir para facilitar as cousas para todos. Podedes descargarlo aquí.

xoves, 6 de setembro de 2018

Comedor 2018-2019


Este curso que comeza nuns días, a escola de hostalería nos indicou que debía realizar unha suba no prezo que esta a cobrar polo servizo de comedor de 0,20 céntimos de euro. O prezo do servizo pasará a ser de 5,70€/día

Lembramos que o prazo para facer modificacións na inscrición do comedor para o curso 2018-2019 remata o próximo 15 de setembro. Todo aquel que queira facer algunha modificación na solicitude feita en xuño ten ata ese día.

venres, 17 de agosto de 2018

Documentación bolsas concello


O concello publicou un listado de aquelas persoas que solicitasen unha bolsa e lles falte algún documento por entregar ou corrixir. O prazo para facelo remata o 23 de Agosto.

Pódese consultar o listado no seguinte enderezo.

O impreso de subsanación é o seguinte


martes, 24 de xullo de 2018

Comunicación solicitudes aceptadas para o comedor no curso 2018-2019


Estimadas familias,

Unha vez recollidas todas as solicitudes para o servizo de comedor durante o curso 2018/19 comprobouse que había máis demanda que prazas dispoñibles (160). Por parte da directiva da ANPA leváronse a cabo diversas actuacións, como foron, reunións conxuntas con Hostalaría e coa Dirección do CEIP “Lamas de Abade”, comunicacións aos distintos departamentos administrativos responsables do servizo de comedores, e finalmente unha solicitude á Consellería de Educación na que se poñía de manifesto a problemática existente no Centro con respecto ao comedor escolar e a falta de prazas, e se demandaba algún tipo de resposta administrativa. Ningunha destas actuacións obtivo contestación por parte das autoridades competentes, polo que foi necesario aplicar o baremo aprobado na Asemblea Extraordinaria celebrada o 07.03.2018, co fin de establecer unha orde de prelación segundo a puntuación obtida.
DIAS DO USO DE COMEDOR POR USUARIO AO ANO DURANTE O CURSO ANTERIOR
PUNTOS
De 160-180
10
De 140-160
9
De 120-140
8
De 100-120
7
De 80-100
6
De 60-80
5
De 40-60
4
De 20-40
3
De 0-20
1
Socio no curso anterior
1
Irmán/á usuario/a de comedor no curso anterior
2

Dun total de 209 solicitudes presentadas, obtiveron praza de comedor, segundo as preferencias que aparecían nos escritos presentados, todas aquelas solicitudes que obtiveron unha puntuación de 1 ou máis puntos. (181 prazas en total).
Aquelas solicitudes que tiñan cero puntos foron ordenadas por apelido, atendendo á letra do  sorteo público que realizou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para resolver os desempates (Resolución do 27 de febreiro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos). Para o curso escolar 2018-19 as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "Z" e "T"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "C" e "J".
Unha vez ordenadas, e tendo en conta que solicitaban o servizo para días nos que aínda quedaban ocos libres, as familias que non obtiveron praza de comedor foron informadas telefonicamente ofrecéndolles os días dispoñibles nos casos en que os había. Creouse unha lista de espera por si se da o caso de que se produza algún cambio nas listas, informarse á primeira persoa da lista, e así sucesivamente, vía telefónica.

Banco de libros



Estimadas familias:
Dende a Directiva da ANPA, queremos dar as grazas a todas as persoas que colaborastes co BANCO SOLIDARIO DE LIBROS.
Grazas a esta colaboración podemos axudar a moitas familias a que o desembolso económico pola compra de libros de texto sexa menor.
Queremos comunicarvos que despois de facer o reparto das solicitudes recibidas, aínda temos libros de texto para prestar se alguén non comprou e necesita.
Quedan libros de lectura (castelán) de 1º e 2º de primaria, libros de 3º e 4º de primaria de case todas as materias e libros de 6º (lingua, sociais e naturais).                        
Recordarvos que a data de recollida de libros será os días 26, 27 e 30 de xullo en horario de 15 a 16 horas.
Podedes solicitar os libros seguindo as instrucións indicadas en http://anpa-do-ceip-lamasdeabade.blogspot.com/2018/06/banco-de-libros-da-anpa.html.

xoves, 21 de xuño de 2018

Axudas Concello


Hoxe publicase no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña a convocatoria de bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o próximo curso 2018-2019.
Xuntamos enlaces coa información:

mércores, 20 de xuño de 2018

Banco de libros da ANPA


Estimadas familias:
Un ano máis a ANPA pon en marcha a finais deste curso un “BANCO DE LIBROS”, para poder usar no vindeiro curso 2018-2019. Esta iniciativa consiste en entregar os libros que sexan da vosa propiedade (mercados polas familias) utilizados neste curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir libros do próximo curso, deste BANCO DE LIBROS DA ANPA.
Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas.
O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice. Só se poden entregar os libros que sexan propiedade das familias, quedan fóra deste sistema, os libros concedidos pola Consellería de Educación.
As persoas que entreguen os libros, terán dereito a recibir outros, sempre que os haxa. Trátase de facer un reparto equitativo e xusto para todas as persoas.
As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, etc). Os libros deben coidarse e entregarse de novo en bo estado ( ou repoñeranse polo usuario ) ao final do próximo curso. Os libros pasan a ser do banco da ANPA, non son do colexio.
PARA O PRÓXIMO CURSO SERVEN OS MESMOS LIBROS QUE NO CURSO ACTUAL.

Datas de recollida de libros:             Do 26 ao 29 de xuño; en horario de 15:00 a 16:00h.
Preparación de lotes en xullo (despois da publicación do listado do Fondo Solidario de libros).
Datas de entrega de libros:               Do 26 ao 30 de xullo, en horario de 15:00 a 16:00h.
Para facilitar unha maior organización e non interromper o traballo das monitoras rogamos que se cumpra cos horarios establecidos para a recollida dos libros. Fóra deste horario non atenderase ningunha consulta.
Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración.
PARTICIPA
Pódese descargar o formulario aquí

martes, 19 de xuño de 2018

mércores, 13 de xuño de 2018

Festival peche de actividades


Queremos comunicarvos que o MÉRCORES 20 de xuño as 17:00 h. vaise celebrar o FESTIVAL DE PECHE DE ACTIVIDADES.

As/os participantes teñen que estar as 16:30 h. e vir coa seguinte roupa:
  • Rítmica : maillot, moño moi alto ben engominado (pinzas opcional) e punteiras cor carne.
  • Rockbotic: calquera roupa.
  • Hip- hop: pantalón curto negro, sudadeira azul e zapatillas brancas.
  • Speaking lúdico: camiseta de deseño e pantalón vaqueiro.
  • Patinaxe A : vestidos de piratas coa espada e parche pintado.
  • Patinaxe B: vestidas de primavera e as nenas de 6º o maillot.
  • Divertidanza: pantalón vaqueiro con camiseta de exhibición e zapatillas brancas.
  • Futbiño: equipaxe.
  • Baloncesto: camiseta branca e pantalón curto negro.
  • Arte: mandilón.
  • Kárate: kimono.
  • Capoeira: roupa branca (pantalón e camiseta)
  • Nenoos, Potenciando o talento: calquera roupa

IMPORTANTE: para unha mellor organización, as nais e os pais non poderán entrar nos vestiarios. Habilitarase unha zona para que poidan cambiar os seus nenos/as.

Madrugadores setembro

Xa esta aberto o prazo de inscrición para o servizo de madrugadores de setembro de 2018. O prazo de presentación será ata o próximo 21 de xuño.
Podedes descargar o formulario nos seguintes enlaces:

Formulario madrugadores setembro 2018


Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade.

martes, 12 de xuño de 2018

Campamento setembro


Está aberta a inscrición para o campamento de setembro
Horario:
De 7:45 a 9:00  ( madrugadores : 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 ( actividades : 5 euros por día)
De 14:00 a 16:00 ( xantar : 5,5 euros por día).

•    Facer o ingreso en ABANCA: ES80- 2080-0349-82-3040002656
•    Entregarlle á coordinadora o formulario de inscrición xunto co xustificante de pago
A data límite para anotarse  é o 21 de xuño
A reserva ordenarase pola data de pagamento

O horario de chegada será de 09:00 a 10:00. Non poderán acceder ao campamento despois das 10:00.

O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de recollida, haberá que pagar unha penalización de 6€ que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora.

No caso de non ingresalos, non poderá continuar asististindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa

Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade.  No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.

Descarga o formulario de inscrición aquí

Portas abertas actividades

A Anpa e Club deportivo Lamas de Abade convídavos a unha xornada de portas abertas o próximo martes 19 de xuño, na que poderemos coñecer un pouco máis en que consiste e  como se vai traballar nas seguintes actividades ofertadas para o próximo curso 2018-2019:
           
            16:30 Emociona-T
            16:45 Speaking Lúdico
            17:00 Xadrez
            17:15 Pintura
            17:45 Nenoos, potenciando o talento
            18:00 Emprendedores+ smart

Un saúdo, 
A directiva da ANPA do CEIP Lamas de Abade.

venres, 8 de xuño de 2018

Comedor curso 2018-2019

Xa esta aberto o prazo de inscrición para o comedor de setembro de 2018 e a preinscrición para o resto do curso 2018-2019. O prazo de presentación será ata o próximo 21 de xuño.
Podedes descargar os formularios nos seguintes enlaces:

Formulario comedor setembro 2018

Formulario comedor curso 2018-2019


Como sabedes, este curso escolar houbo días nos que houbo máis demanda que prazas dispoñibles no comedor. No caso de que se volva a dar esta situación teremos que aplicar o baremo aprobado na asemblea do 07/03/2018, que podedes consultar no seguinte enlace.

Esta ANPA non pode prestar este servizo a nen@s con determinadas alerxias alimentarias por non estar en condicións de garantir a súa seguridade.

INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018/2019

CADRO PROVISIONAL

  • PRAZO PARA ANOTARSE: do 8 ao 21 de xuño
  • ENTREGAR A: coordinadora de actividades, Lucía (coordinadoraactividadeslamas@gmail.com; tlf.: 662 382 216)
  • Todas aquelas persoas que se anoten dentro deste prazo terán preferencia con respecto ás que se anoten posteriormente.
  • É necesario que haxa un número mínimo de solicitudes para que as actividades se poidan realizar; pero tamén hai un número máximo para cada unha delas. No caso de que non se obteña praza na actividade solicitada (ben porque non se puido ofertar, ben porque xa non hai ocos libres), a coordinadora porase en contacto con vós por se é posible cambiar por outra distinta.
  • As prazas iranse cubrindo por orde de recepción das solicitudes. As nenas e nenos que este curso estiveron realizando unha actividade terán preferencia nesa mesma actividade con respecto aos que se anoten novos para o curso que vén.
O próximo 19 de xuño pola tarde faremos unha xornada de portas abertas no cole onde se explicará en que consisten as actividades de Nenoos, Emprendedores Smart, Pintura, Xadrez, Speaking lúdico e Emociona-T. Daremos máis información sobre horarios na web da Anpa.


luns, 4 de xuño de 2018

ANPA - CLUB DEPORTIVO CEIP LAMAS DE ABADE
CONVOCATORIA 2ª ASEMBLEA ORDINARIA

Xoves 14 de xuño de 2018
16.00 pm (1ª convocatoria) 16.30 pm (2ª convocatoria)
O horario de apertura do centro é de 16:30 a 18:30, polo que se axusta a hora da 2ª convocatoria para poder aproveitar ao máximo o horario dispoñible.
ORDE DO DÍA:
1. Lectura da acta da sesión anterior
2. Renovación de cargos xunta directiva ANPA
3. Informe económico
4. Actividades para o curso 2018/2019
5. Banco de libros curso 2018/2019
6. Festival de peche de actividades
7. Varios

Xunta directiva da ANPA-C.D. do CEIP Lamas de Abade

Nota: De acordo co artigo 24 dos Estatutos que regulan esta asociación, as asembleas quedarán validamente constituídas en 1ª convocatoria cando estean presentes a maioría dos socios/as e en 2ª convocatoria, sexa cal sexa o número de socios/as presentes.

mércores, 16 de maio de 2018

Campamento de verán


Está aberta a inscrición para o campamento de verán.

Horario:
De 7:45 a 9:00  (madrugadores: 1,90 euros por día)
De 9:00 a 14:00 (actividades: 5 euros por día).
De 14:00 a 16:00 (xantar : 5,5 euros por día)

Saída: 11 xullo. Cines Compostela (5 euros: entrada+autobús)

Veladas: de 20:00 a 09:00 (5 euros por NOITE, inclúe a cea). Límite de prazas 40.

O procedemento de inscrición será o seguinte:
  • ·        Cubrir o formulario de inscrición e facerllo chegar a coordinadora en man ou a través do correo electrónico coordinadoralamas@gmail.com entre o 16 e o 25 de maio.
  • ·         No caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles (70) darase prioridade por número de días de uso, e no caso de haber empate terase en conta a data de inscrición.
  • ·       Unha vez  se confirme a praza debe proceder o pagamento entre o 29 e o 31 de maio, na conta da Anpa de ABANCA: ES80-2080-0349-82-3040002656 e entregar o xustificante de pago a coordinadora. No caso de non facerse efectivo o pagamento nese prazo perderase a reserva de praza.
  • ·      No caso de asistir máis de 10 días o campamento en xullo coa comida incluída, o ingreso do importe do xantar de ese mes poderase facer entre o 25 e o 29 de xuño.

Normas de uso

No caso de alerxia/intolerancia alimentaria ou dalgunha necesidade especial, contactar coa coordinadora (Mamen) antes de realizar o pago.
O horario de chegada será de 09:00 a 10:00. Non poderán acceder ao campamento despois das 10:00.
O horario de recollida é ás 14:00 (sen comida) ou ás 16:00 (con comida). Pasados 10 minutos de cortesía da hora límite de recollida, haberá que pagar unha penalización de 6€ que se ingresarán na conta bancaria da ANPA no prazo de 24 horas, e entregarlle o xustificante do pago á coordinadora. No caso de non ingresalos, non poderá continuar asististindo ao campamento. No caso de pasar das 16:15 procederase a aplicar a normativa de recollida especificada nas normas xerais da Anpa.
Para poder asistir á velada terá que estar anotado tamén ao almorzo e as actividades do día seguinte, e realizar o pago correspondente.

Descarga o formulario de inscrición aquí

PARA O CAMPAMENTO DE SETEMBRO ENVIARASE UNHA NOVA CIRCULAR



martes, 15 de maio de 2018

Fotos diplomas actividades


Comezamos cos preparativos para o festival do 2017/2018

                 Comunicámosvos que a próxima semana faremos as fotos dos diplomas que se entregan ao final de curso. Os  días luns 21 e martes o 22 de maio vanse a facer as fotos para os diplomas que se entregan ao final de curso.

·             Rítmica : Maillot, moño moi alto ben engominado (pinzas opcional) e punteiras cor carne.
·             Rockbotic: Calquera roupa.
·             Hip- hop: Pantalón corto negro, sudadera azul e zapatillas brancas.
·             Speaking lúdico: Camiseta branca con debuxos e pantalón vaqueiro.
·             Patinaxe : Vestidos de negro e cun complemento de cor vermello ( pano, cinto fundas dos patíns, etc.).
·             Divertidanza : Pantalón vaqueiro con camiseta de exhibición ( a cal mercará Jesús e ten un custo de 7,50€) e zapatillas brancas.
·             Futbiño: Equipaxe.
·             Baloncesto: Camiseta branca e pantalón curto negro.
·             Arte: Mandilón.
·             Kárate : Kimono.
·             Capoeira : roupa branca (pantalón e camiseta)
·             Potenciando o talento: Calquera roupa, ábaco e libro
                   E IMPORTANTE QUE ESE DIA NON FALTEDES!!!